consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Arte + Crise social
xornada | Venres, 15 de marzo de 2013
Información

Os tempos están cambiando. Non sabemos, con certeza, cales serán os nosos roles na nova época. Tampouco sabemos cales serán os espazos da cultura, nin da arte. Se as respostas tenderán cara á indignación ou á resignación. As palabras 'compromiso', 'xustiza' ou 'colaboración' semellan soterradas polo vocabulario económico do capitalismo financeiro e a terminoloxía banal dos media.


Sobre o pano de fondo, unha crise sistémica e poliédrica, o eido cultural e, nomeadamente, o sistema da arte contemporánea asumen as súas propias convulsións, vinculadas ao seu propio carácter crítico.


O refuxio estético non semella razón suficiente para que a arte sobreviva alén da meirande parte da sociedade. A arte e a cultura contemporáneas poden ser síntomas de absentismo, pero tamén de cambio ou mesmo acicate e influencia para o mesmo.


Así, decididas apostas por reintroducir a función social na arte non se limitan ao plano da representación nin se circunscriben ao contexto artístico senón que procuran a inserción no tecido social e o traballo colaborativo coa cidadanía.


Na era do capitalismo global, hai situacións críticas que demandan compromisos. A arte como movemento, estratexia e táctica, como metodoloxía e pedagoxía pode desempeñar un papel importante e necesario: sensibilizando, visibilizando problemas, construíndo narrativas visuais ao tempo que xerando novos imaxinarios culturais.


Nesta Xornada Arte + Crise social, Consello da Cultura Galega pregúntase por estas situacións e estas posibilidades. Coa axuda de especialistas, artistas e profesionais da crítica, afondamos na dialéctica entre o modelo biopolítico hexemónico actual e as respostas que están a formular distintos axentes culturais. 


Inauguración
Data de celebración: 2013-03-15 10:00:00

Camilo Franco María Luísa Sobrino Ramón Villares



Topoloxía dunha crise. Arte, capital, biocapital.
Data de celebración: 2013-03-15 10:30:00

Federico López Teresa María Vilarós-Soler


Teresa M. Vilarós-Soler, profesora de Estudos Hispánicos da Texas A&M University 
Conversa con Federico López Silvestre, profesor de Historia das Ideas Estéticas da Universidade de Santiago de Compostela


Crítica e crise.
Data de celebración: 2013-03-15 12:30:00

Natalia Poncela Elena Vozmediano


Elena Vozmediano, crítica de arte, colaboradora do suplemento "El Cultural" 
Conversa con Natalia Poncela, crítica de arte e comisaria de exposicións


Revisión do compromiso.
Data de celebración: 2013-03-15 16:30:00

Manuel Figueiras Camilo Franco Miguel Mosquera


Manuel Figueiras, artista visual 
Miguel Mosquera, artista visual


Feminismo contra crise social. Máis alá do patriarcado capitalista.
Data de celebración: 2013-03-15 18:00:00

Mar Caldas Mau Monleón


Mau Monleón, artista visual e profesora na Facultade de Belas Artes da Universitat Politècnica de València 
Conversa con Mar Caldas, artista visual e profesora na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo  


Ficha técnica
Coordinación
» Camilo Franco
» María Luisa Sobrino Manzanares
Relator/a
» Mar Caldas
» Manuel Figueiras
» Federico López Silvestre
» Mau Monleón
» Miguel Mosquera
» Natalia Poncela
» Teresa M. Vilarós-Soler
» Elena Vozmediano
Organiza
» Consello da Cultura Galega
» Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)
Participantes
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.org
www.consellodacultura.org