consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Cultura impresa na rede: Gratis total?
xornada | Venres, 8 de marzo de 2013
Información

O obxectivo da xornada é crear un marco para a análise dos retos presentese futuros da industria cultural -en concreto, da xornalística dixital e do libro nesta primeira xornada- así como un novo espazo para o diálogo entre o contorno académico e o profesional de ambos os sectores. Dos catro relatores seleccionados, tres -Rafael Cabarcos, consultor e membro do Advisory Comittee do International Institute for Media Development (IIMD), Julio Miravalls de El Mundo en Orbyt e Ramón Alonso de Kiosko y Más- explicarán como os seus respectivos medios están a implementar estratexias de pago por contidos na Internet a través dos seus novos modelos de negocio. Os temas principais que se abordarán serán a evolución dos subscritores/ingresos, estratexias de mercadotecnia e publicidade, estratexias a través das redes sociais e a disposición a pagar pola información.


Para a análise do futuro da industria do libro a través dos novos soportes dixitais (sobre todo iPad e eBook), o programa contará con Juan Triviño, editor e especialista en edición dixital -sobre todo no tocante á industria do libro. O relator explicará as transformacións e retos que está a afrontar esta industria e os novos modelos de negocio dixitais emerxentes.


A xornada vai dirixida a profesionais da industria editorial, profesionais dos medios impresos, profesionais das industrias culturais en xeral, estudantes de grao ou máster sobre industrias culturais.


Inauguración
Data de celebración: 2013-03-08 09:30:00
https://youtu.be/k5L5YGRJi2E

Francisco Campos Ramón Villares

A adaptación dos perfis profesionais aos novos modelos do ecosistema dixital
Data de celebración: 2013-03-08 10:00:00
https://youtu.be/8eA6W9ugbAc

Rafael Cabarcos Francisco Campos

Rafael Cabarcos, consultor e membro do Advisory Comittee do International Institute for Media Development (IIMD)


Os modelos de negocio das plataformas dixitais
Data de celebración: 2013-03-08 12:00:00
https://youtu.be/G3aHHwRRsL8

Kiosko y Más: el periódico tradicional en Internet 
Ramón Alonso, director de Kiosko y Más 
El Mundo en Orbyt, la apuesta del día a día 
Julio Miravalls, director adxunto de El Mundo en Orbyt


O valor e os retos da edición dixital
Data de celebración: 2013-03-08 16:00:00
https://youtu.be/GMD7FOMogd4

La industria del libro en transformación 
Juan Triviño, editor e especialista en edición dixital


Os desafíos dixitais dos editores e xornais de Galicia
Data de celebración: 2013-03-08 18:00:00
https://youtu.be/YdKmhRgqyKQ

Modera: Víctor F. Freixanes 
Participan:
Manuel Bragado, editor e director de Edicións Xerais de Galicia. 
Tomás García Morán, director edición dixital de La Voz de Galicia. 
Xavier Cea Otero, director das edicións dixitais do Grupo El Correo Gallego. 
Juan Méndez, Grupo El Progreso


Ficha técnica
Coordinación
» Francisco Campos
» Víctor F. Freixanes
» Manuel Goyanes
Inauguración
» Ramón Villares
Modera
» Víctor F. Freixanes
Participante
» Manuel Bragado
» Xavier Cea Otero
» Tomás García Morán
» Juan Méndez
Relator/a
» Ramón Alonso
» Rafael Cabarcos
» Julio Miravalls
» Juan Triviño
Organiza
» Consello da Cultura Galega
Participantes
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.org
www.consellodacultura.org