consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


A protección dos camiños históricos en Galicia
xornada | 6 e 7 de marzo de 2013
Información

Por camiños históricos entendemos todos aqueles camiños que serviron a unhas relacións entre os núcleos previas ao trazado das estradas a partir da segunda metade do século XVIII. A asimilación que se produciu en Galicia entre os camiños históricos e os Camiños de Santiago fixo que se esquecesen o resto dos camiños, tamén históricos e cun interese turístico e social, previos aos de Santiago, como ocorre cos camiños megalíticos, castrexos ou as vías romanas; coetáneos cos de Santiago, como toda a rede de camiños de orixe medieval que comunicaban mosteiros, vilas e cidades, sen pasar por Santiago; ou posteriores, como os camiños de roda e reais a partir do século XVI, nos que se apoiaban as relacións comerciais de Galicia.


A experiencia en Galicia de protección, sinalización e conservación dos Camiños de Santiago, especialmente durante as dúas últimas décadas, por parte da Administración autonómica, desde o punto de vista xurídico foi impulsada pola Lei 3/1996, de protección do Camiño de Santiago. Debater nestes momentos sobre o que ocorreu parece oportuno. Proxectar esta experiencia cara ao futuro tratando de que a lexislación se estenda ao resto dos camiños históricos, algúns como a vía romana XVII, que atravesa o sur de Galicia sen ningún tipo de protección, parece necesario.


Por outra parte, o territorio histórico en Galicia non pode ser recoñecido, protexido e valorado culturalmente sen ter en conta o papel que desempeñaron os camiños históricos na súa construción. Reflexionar sobre iso, unindo a experiencia na Administración á dos profesionais preocupados pola conservación do patrimonio cultural, xustifica a realización destas xornadas dende o Consello da Cultura Galega.


Inauguración da xornada
Data de celebración: 2013-03-06 10:00:00
https://youtu.be/TxFUwHpvkwA

Carlos Nárdiz Iago Seara Jesús Vázquez Ramón Villares

Ramón Villares

Xesús Vázquez Abad

Iago Seara

Carlos Nárdiz Ortiz


Os camiños e a construción histórica do territorio
Data de celebración: 2013-03-06 10:30:00
https://youtu.be/rJGbhd3N0BU

Yolanda Barriocanal Xosé Ramón Menéndez

Xosé Ramón Menéndez Luarca, Arquitecto


A dimensión cultural e o dominio público cultural dos camiños históricos en Galicia.
Data de celebración: 2013-03-06 11:15:00
https://youtu.be/AzId4iP7BV8

Carlos Nárdiz

Carlos Nárdiz Ortiz, Doutor enxeñeiro de Camiños e profesor titular da Universidade da Coruña


A utilidade dos "recoñecementos" para a determinación do trazado dos camiños históricos sobre o territorio e para a toma de conciencia da súa patrimonialización cultural
Data de celebración: 2013-03-06 12:30:00
https://youtu.be/aMCHfh6rEZs

Yolanda Barriocanal

Yolanda Barriocanal López, Profesora titular de Historia da Arte da Universidade de Vigo


Debate
Data de celebración: 2013-03-06 13:15:00
https://youtu.be/MdVuwcAdrLE

Yolanda Barriocanal Xosé Ramón Menéndez Carlos Nárdiz Iago Seara

Xosé Ramón Menéndez Luarca, Arquitecto
Carlos Nárdiz Ortiz, Doutor enxeñeiro de Camiños e profesor titular da Universidade da Coruña
Yolanda Barriocanal López, Profesora titular de Historia da Arte da Universidade de Vigo 


A protección xurídica e urbanística dos camiños históricos
Data de celebración: 2013-03-06 16:30:00
https://youtu.be/RYWKcdSbWBc

Julián Alonso Carlos Amoedo María Diz María Dolores Méndez Ricardo Polín Javier Sanz

Modera: María Dolores Méndez Torres, Directora do Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa do Instituto de Estudos do Territorio.
Julián Alonso García, Xefe de Sección Xurídica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e infraestructuras da Xunta de Galicia. 
Carlos Amoedo Souto, Profesor titular de Dereito Administrativo e vogal da Comisión de Patrimonio Histórico da Provincia da Coruña. 
María Diz Rodríguez, Subdirectora Xeral de Protección de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. 
Ricardo Polín, Doutor en Filoloxía Medieval e historiador. 
Francisco Javier Sanz Larruga, Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña.


A delimitación e proposta de protección dos camiños de Santiago de Compostela pola Administración Autonómica Galega
Data de celebración: 2013-03-07 09:30:00
https://youtu.be/dDas9kGesY0

Yolanda Barriocanal Ignacio Cerrada María del Carmen Martínez Iago Seara

Preside: María del Carmen Martínez Insua, Directora Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.
Relator: Ignacio Cerrada Gonzalo, Xefe do Servizo de Planeamento e Inventario da Xunta de Galicia.


A protección dos camiños de Santiago
Data de celebración: 2013-03-07 11:00:00
https://youtu.be/9hyxssyYJGc

Ignacio Cerrada Marcial Gondar Teresa Nieto Daniel Pino Antón Pombo Marcial Rodríguez Iago Seara

Modera: Iago Seara Morales, Coordinador da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG.
Ignacio Cerrada Gonzalo, Xefe do Servizo de Planeamento e Inventario da Xunta de Galicia. 
Marcial Gondar Portasany, Catedrático de Antropoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela. 
Teresa Nieto Freire, Arquitecta do Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. 
Daniel Pino Vicente, Sociólogo e urbanista. 
Antón Pombo Rodríguez, Membro do Comité do Camiño de Santiago. 
Marcial Rodríguez Rodríguez, RVR.