Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa

Simposio.

Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa

Do 28 de novembro ao 3 de decembro de 2013
Santiago de Compostela
Simposio

Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa

Do 28 de novembro ao 3 de decembro de 2013 Santiago de Compostela

Desde o ano 2001, o Instituto da Lingua Galega vén organizando cada outono un simposio dedicado a un tema específico, escollido polo seu interese para a comunidade científica ou para a formación continua dos titulados universitarios. Ao poñer o foco sobre ese asunto, o ILG pretende propiciar a reflexión sobre o estado da cuestión, impulsar avances na súa investigación, difundir o novo coñecemento xerado e, asemade, contribuír á renovación en métodos e resultados.


O simposio 2013 centra a súa atención na fronteira galego-portuguesa. Pouco sabemos dos criterios con que foi trazada en orixe nin, polo tanto, en que medida respondía a trazos antropolóxicos, lingüísticos, xeográficos ou doutro teor. A raia atravesou as terras do antigo reino de Galicia e partiu en dous o territorio constitutivo do protorromance galego, do que logo habían xurdir a lingua galega e a lingua portuguesa; as vicisitudes históricas dunha e outra foron consolidando a raia como unha fronteira tamén lingüística que cómpre estudar con perspectivas renovadas. Mais desde o punto de vista lingüístico a raia ten outra característica non exenta de misterio: distintos estudos mostran que en localidades raianas existen variantes non compartidas nin cos veciños galegos nin cos veciños portugueses, pois só se dan —en Galicia ou en Portugal— lonxe de alí.


Este ano a atención céntrase na fronteira galegoportuguesa. Pouco sabemos dos criterios con que foi trazada en orixe nin, polo tanto, en que medida respondía a trazos antropolóxicos, lingüísticos, xeográficos ou doutro teor. A raia atravesou as terras do antigo reino de Galicia e partiu en dous o territorio constitutivo do protorromance galego, do que logo habían xurdir a lingua galega e a lingua portuguesa; as vicisitudes históricas dunha e outra foron consolidando a raia como unha fronteira tamén lingüística que cómpre estudar con perspectivas renovadas. Mais desde o punto de vista lingüístico a raia ten outra característica non exenta de misterio: distintos estudos mostran que en localidades raianas existen variantes non compartidas nin cos veciños galegos nin cos veciños portugueses, pois só se dan —en Galicia ou en Portugal— lonxe de alí.


Ora ben, os organizadores cremos que non hai que contemplar as fronteiras como liñas divisorias senón como espazos de convivencia e intercambio, así como de creación dun tipo de cultura propio das áreas fronteirizas. Esa perspectiva centra o noso interese presente e lévanos a propoñer esta nova ollada desde múltiples enfoques interdisciplinares: desde a historia, a xeografía, a antropoloxía, o cinema e, naturalmente, a lingüística.


Como cada ano, o Simposio ILG 2013 está organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega; nesta anualidade conta, ademais, coa participación do Instituto de Estudos de Literatura Tradicional da Universidade Nova de Lisboa. Diríxese preferentemente a profesores e alumnos universitarios de distintas áreas do saber, a profesores de ensino primario e secundario, de escolas oficiais de idiomas e de formación profesional, docentes das áreas da lingüística, historia, xeografía, antropoloxía e etnografía; e tamén, na mesma liña de formación continua, a profesionais de distintos sectores. Está aberto ao público xeral, a todas asa persoas que desexen ampliar ou actualizar os seus coñecementos na materia.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
http://ilg.usc.es/actividades/simposio-ilg-2013
ilg.simposio2013@gmail.com 
Actividade recoñecida como formación permanente do profesorado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con 18 horas lectivas
Profesorado non universitario: Asistencia obrigatoria ao 85% das sesións das xornadas.
Profesorado universitario, estudantes e público xeral: Concederase o diploma de asistencia ás persoas que acudan, cando menos, ao 75% das sesións do simposio.
Prezo: 30€ / Tarifa reducida 15€ (estudantes, desempregados e pensionistas)

LUGAR

LUGAR
Facultade de Filoloxía da USC
Avda. Castelao, s/n. Campus norte
15705 Santiago de Compostela


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar 
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela 

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
Eduardo Louredo
Instituto da Lingua Galega
Praza da Universidade, 4
15782 - Santiago de Compostela
Tlfno.: 8818 12807

Ficha técnica 
Simposio.
Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa
Cando
Do 28 de novembro ao 3 de decembro de 2013
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Facultade de Filoloxía da USC
Avda. Castelao, s/n. Campus norte
15705 Santiago de Compostela


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar 
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela 

Autoría
Rubén Pardiñas
Modera
Rosario Álvarez
Participante
Aser Álvarez González
Francisco Fernández Rei
Paula Godinho
William Kavanagh
Rubén Pardiñas
Relator/a
Xosé Afonso Álvarez Pérez
Carlos Baliñas Pérez
Luis Manuel García Mañá
José Enrique Gargallo Gil
Paula Godinho
William Kavanagh
Lurdes de Castro Moutinho
Rosa Mouzo Villar
Augusto Pérez Alberti
Helena Pousa Ortega
Irene Santos Raña
Organiza
Instituto da Lingua Galega
Universidade de Santiago de Compostela
Colabora
Consello da Cultura Galega
Faculdade de ciências sociais e humanas
Fundação para a Ciência e a Tecnologia
Instituto de Estudos de Literatura Tradicional
Unión Europea
Universidade Nova de Lisboa
Xunta de Galicia