consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí
exposición | Na casa de Galicia de Madrid (Madrid), do 3 de decembro ao 31 de decembro de 2013
Información

Os Adeuses. Fotografías de Alberto Martí, organizada polo Consello da Cultura Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), vai ser inaugurada o vindeiro 13 de decembro na sede da Casa de Galicia de Madrid, ás 19.00h.


A mostra componse de 73 fotografías en branco e negro que reflicten o éxodo galego cara a América entre os anos 1957 e 1963, desde os portos da Coruña e Vigo.


Esta exposición distribúese en tres áreas (A Ida, A Volta, e o Buque Santa María), con imaxes protagonizadas por xente anónima e polas súas experiencias arredor do embarque ou desembarque dos buques que os levaban cara a América.


Ficha técnica
Ámbito
» Comisión de Acción Exterior (CCG)
Colabora
» Secretaría Xeral de Emigración
Organiza
» Arquivo da Emigración Galega (CCG)
» Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
» Consello da Cultura Galega
Lugar de celebración

LUGAR
Casa de Galicia de Madrid
Casado del Alisal, 8
28014 Madrid
Tel.: 915954200
e-mail: casa.galicia@xunta.es