consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


O Estado e a crise económica actual e Balance e perspectivas competitivas de Galicia na UE
ciclo | Xoves, 13 de febreiro de 2014 ás 17:00
Información

<< CICLO DE CONFERENCIAS DESAFÍOS POLÍTICOS EN EUROPA EN 2014


As transformacións políticas de finais do século XX están a redefinir o papel dos suxeitos políticos na Unión Europea. Isto unido á crise económica, ós novos liderados e ás convulsas relacións norte-sur fan albiscar cambios no vixente modelo europeo. Móvense os marcos e cómpre atender os seus efectos. Neste sentido, o ano 2014 presenta dúas datas sinaladas que supoñen grandes desafíos políticos en Europa. O 18 de setembro está previsto que se realice o referendo en que se decidirá se Escocia opta por se constituír como estado independente. O 9 de novembro é a data escollida pola Generalitat de Catalunya para a consulta sobre a independencia de Catalunya. Ambas as dúas convocatorias ofrecen grandes retos para o devir de Europa a nivel económico, político, cultural e social.


A Sección de Pensamento e Sociedade do Consello da Cultura Galega presenta o ciclo Desafíos políticos en Europa en 2014, no que diferentes expertos debullarán polo miúdo estes procesos soberanistas, as ameazas e oportunidades económicas do novo contexto, o debate sobre os distintos modelos de Estado, os marcos lexislativos e as consecuencias que para Galicia terán todos estes retos.


Inauguración
Data de celebración: 2014-02-13 17:00:00


O Estado e a crise económica actual
Data de celebración: 2014-02-13 17:15:00

Luís Caramés, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela


Balance e perspectivas competitivas de Galicia na UE
Data de celebración: 2014-02-13 18:00:00

Albino Prada, profesor de Economía da Universidade de Vigo.
Presenta: Xaquín Fernández Leiceaga


Debate
Data de celebración: 2014-02-13 18:45:00


Ficha técnica
Coordinación
» Antón Baamonde
Presenta
» Xaquín Fernández Leiceaga
Relator/a
» Luís Caramés
» Albino Prada
Ámbito
» Comisión de Acción Exterior (CCG)
Organiza
» Consello da Cultura Galega
» Sección de Pensamento e Sociedade (CCG)
Participantes
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela