consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Xela Arias e Luísa Villalta: Letras, interartes, proxectos na fin de século
xornada | Mércores, 26 de marzo de 2014
Información

Os temperás falecementos de Xela Arias (1962-2003) e Luísa Villalta (1957-2004) truncaron hai dez anos unhas vidas que, sendo sen dúbida singularísimas na súa condición persoal, foron tamén representativas da progresión que desde mediados dos anos 80 supuxo a presenza das mulleres como axentes, referentes e xestoras culturais no país. Unha e outra, desde as súas localizacións prioritarias en Vigo e A Coruña, participaron en intervencións colectivas, promoveron iniciativas, exploraron relacións interculturais a través da tradución e doutras vías experienciais e discursivas e sentiron, ademais, a atracción por indagaren nos espazos intersticiais en que as diferentes artes converxen por uns ou outros motivos e derivas.


A xornada pretende manter viva a memoria da súa produción literaria, así como dos diversos vínculos que nas súas vidas ambas foron trazando con proxectos de notábel repercusión na recente historia cultural galega. A isto dedícanse as achegas que profundarán nos seus respectivos perfís estético, intelectual e político, así como as centradas directamente nas súas poéticas persoais como autoras dun relevante corpus poético e, en xeral, como escritoras. Estas análises contarán co reforzo antes mencionado de tratar de ver nelas un signo da emerxencia da presenza das mulleres -autoras no espazo cultural dos pasados anos 80 e 90 (asociacionismo, publicacións e creacións colectivas, relacións co movemento feminista, promoción de foros, etc.).


Nun marco de condición menos académica, máis marcada pola exploración interartística (música, fotografía, danza e artes escénicas, artes plásticas...), a xornada amosará, así mesmo, a vixencia do discurso literario e intelectual de Luísa Villalta e Xela Arias. A xeito dun laboratorio de prácticas no espazo interartes preséntanse, por unha banda, proxectos en que traballaban ambas as autoras cando a morte se lles presentou sen previo aviso e, por outra, intervencións ―nalgún sentido interpretativas― encomendadas a outras artistas sobre a poesía escrita polas poetas coruñesa e luguesa.


Inauguración
Data de celebración: 2014-03-26 09:30:00

María Xosé Agra Ramón Villares

María Xosé Agra Ramón Villares

Ramón Villares 
María Xosé Agra Romero 
Rosario Álvarez Blanco


Perfís estéticos, intelectuais e políticos.
Data de celebración: 2014-03-26 10:00:00

Xosé María Álvarez María Xesús Nogueira Dolores Vilavedra

Xosé María Álvarez María Xesús Nogueira Dolores Vilavedra

Presenta e modera: Dolores Vilavedra

10:00 horas 
Cuestionar a orde das cousas. A intervención poética, cultural e política de Xela Arias 
Chus Nogueira

10:30 horas 
Alta cidade de Luísa 
Xosé Mª. Álvarez Cáccamo


Coloquio
Data de celebración: 2014-03-26 11:00:00


As mulleres nas prácticas culturais dos 80 e os 90.
Data de celebración: 2014-03-26 11:30:00



Presenta e modera: Margarita Ledo Andión

12:00 horas 
Notas a un tempo de linguas, corpos e muros 
Helena González

12:30 horas 
Axendas diversas e colaboracións complexas: feminismos, representacións e prácticas políticas no final de século no Estado español 
María Ruído


Coloquio
Data de celebración: 2014-03-26 13:00:00


Audiovisual: Xela e a palabra, e Música e poesía en Luísa Villalta
Data de celebración: 2014-03-26 13:30:00



Illa Bufarda


Andar a cidade, andar o corpo. Achegas críticas sobre poéticas, topografías, xénero(s), mundos.
Data de celebración: 2014-03-26 16:30:00



Presenta e modera: Carme Vidal 
Interveñen: Estíbaliz Espinosa, Rexina Vega e Antón Lopo


Coloquio
Data de celebración: 2014-03-26 17:30:00


Interartes: laboratorio de experiencias.
Data de celebración: 2014-03-26 18:00:00





Presenta e modera: Uxía Senlle
Videopoema(s) (Xela Arias) Antía Otero 
Da poesía e o silencio. Ensaio arredor dos textos de Luísa Villalta nenoescuro 
Lectura fotográfica de En concreto, Luísa Villalta Maribel Longueira 
Creación músico-poética Vencerse é cousa de se tratar, de Xela Aria2US e Iolanda Zúñiga


Ficha técnica
Autoria
» Illa Bufarda
Clausura
» Arturo Casas
» Ana Romaní
Coordinación
» Arturo Casas
» Ana Romaní
Inauguración
» María Xosé Agra Romero
» Rosario Álvarez
» Ramón Villares
Modera
» Carme Vidal
Participante
» Estíbaliz Espinosa
» Maribel Longueira
» Antón Lopo
» nenoescuro
» Antía Otero
» Rexina Vega
» Iolanda Zúñiga
Presenta
» Margarita Ledo
» Uxía Senlle
» Dolores Vilavedra
Relator/a
» Xosé María Álvarez Cáccamo
» Helena González Fernández
» María Xesús Nogueira
» María Ruido
Colabora
» Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)
Organiza
» Comisión de Igualdade (CCG)
Participantes
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205