consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Rosendo Salvado: Valedor do pobo aborixe
exposición | No Mosteiro de San Martiño Pinario (Santiago de Compostela), do 3 de abril ao 4 de maio de 2014
Información

O Consello da Cultura Galega, neste ano 2014, en que se conmemoran douscentos anos do nacemento de Rosendo Salvado, quere lembrar a figura deste galego egrexio con diferentes actividades, entre as que sobresae a organización desta exposición conmemorativa que se inaugura en Tui o 1 de marzo, data do seu nacemento, e despois, en Santiago, o 3 de abril, en San Martiño Pinario, mosteiro onde transcorreron os anos da súa formación.


Esta exposición ten un obxectivo claramente orientado a destacar o labor de Salvado a prol dos aborixes australianos e de aí o seu título, Rosendo Salvado, valedor do pobo aborixe. Resaltarase nela o talante decidido e arriscado do bieito galego nos seus primeiros contactos cos nativos, así como o tacto, intelixencia e discreción con que realiza a inmersión na súa cultura e tradicións. Tamén, ao par do seu idealismo misioneiro, o seu sentido organizador fóra do común, planificando con detalle cada un dos pasos que se daban na construción da abadía de Nova Nursia e na consolidación da explotación agrogandeira que a sustentaba. Así mesmo, a insistencia e a decisión coa que tivo que loitar en contra dun sentir xeral que consideraba as comunidades aborixes como etnias inferiores e practicamente irrecuperables para a civilización. E, finalmente, como o seu carácter xeneroso, aberto e comunicativo e a súa ampla cultura, humanista e musical pero tamén rica en saberes técnicos, lle abriron moitas portas e serviron para amolecer moitas vontades que non miraban, inicialmente, os seus proxectos cos mellores ollos.



Hemeroteca
12-05-2014
O cardeal Pell visita a exposición “Rosendo Salvado, valedor do pobo aborixe”
Ficha técnica
Ámbito
» Comisión de Acción Exterior (CCG)
Organiza
Lugar de celebración

LUGAR
Mosteiro de San Martiño Pinario
Praza da Inmaculada, 3
15704 Santiago de Compostela