consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Olladas de mulleres no mundo
ciclo | No Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña), 6, 7 e 8 de marzo de 2014
Información

Co gallo do día da Muller traballadora preséntase este ciclo en que as figuras femininas son as protagonistas. Directoras, guionistas, produtoras, unha tentativa de amosar outra visión ou perspectiva. En La bicicleta verde, a voz oculta emerxe inmediatamente: Arabia Saudí e as prohibicións contra a muller. Las maestras de la República, Goya ao mellor documental, recupera un legado e un proxecto que moitos quixeron destruír. As producións galegas de Xisela Franco, Raquel Rei e Encarna Otero mesturan creación e temática feminina. Entrementres, o portugués Gonçalo Tocha achégase á relación da muller co mar, entendido este como lugar de traballo.


Ficha técnica
Coordinación
» Encarna Otero
Organiza
» Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
» Consello da Cultura Galega
Lugar de celebración

LUGAR
Centro Galego de Artes da Imaxe
Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Tlf.(34) 881 881 260 Fax.(34) 881 881 271