consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Da civilización á cultura: Rosendo Salvado e o mundo aborixe
simposio | Consello da Cultura Galega, 3 e 4 de abril de 2014
Información
Accede o especial onde ver todas as accións que o CCG realizará para dar a coñecer a memoria de Rosendo Salvado

No bicentenario do seu nacemento (Tui 1814), a figura e a obra extraordinarias de Rosendo Salvado seguen a reclamar cumprida atención sobre quen, con Sarmiento e Feijoo, integra o abano excepcional de bieitos que Galicia achegou á historia universal da cultura e do pensamento.

Da súa polifacética actividade de escritor, músico, naturalista, antropólogo e líder relixioso entre outras, este Congreso centrarase nos seus esforzados traballos canda o mundo aborixe, desenvoltos na comunidade beneditina de Nova Nursia en Australia Occidental.

A visión dominante da época, da man da idea da superioridade da raza branca, o darwinismo social e as premas da explotación económica, consideraba os aborixes como pobo que se ía extinguir en razón da súa suposta inferioridade racial, a cal os incapacitaba de vez, física e psicoloxicamente, para acadar os logros da civilización. Enfrontándose radicalmente con eses supostos, o obxectivo sobranceiro de Salvado, na súa prolongada relación co pobo indíxena, foi, pola contra, a de «civilizar os nativos sen aniquilalos».
Para Salvado nada había inscrito no destino dos seres humanos nin nos designios de Deus que apuntase con inevitábel necesidade á desaparición das comunidades indíxenas australianas. O seu descenso demográfico era causado polas novas enfermidades achegadas polos colonizadores brancos, polo envelenamento por arsénico e polo xenocidio sistemático dos colonizadores.

A longa aprendizaxe do contacto sobre o ermo traduciuse nunha crítica lucidez que Salvado predicou sen desmaio durante anos: a «civilización» occidental tiña que perder o seu imperial universalismo para achegarse con modestia á cultura das comunidades aborixes.
O coñecemento local, baseado nunha estreita convivencia, aprendizaxe de tradicións nativas, música, bailes e mitos, concitábase na creativa síntese misioneira de Salvado, coas achegas das ciencias sociais (antropoloxía, estatística social). Fronte á imposición dun modelo europeo de sociedade, foi a súa unha vida orientada á educación atenta ao contexto, á posta en valor do exercicio ao aire libre, a aprendizaxe de técnicas de traballo agrícola e sempre desde o respecto ás tradicións culturais dos nativos.

Foi o seu un singular horizonte de aprendizaxe gradual da man dunha fusión cultural que se amosa quer nos seus esforzos de conectar os mitos aborixes coa relixión cristiá, quer na utilización da música como ámbito de encontro entre culturas.

A autodeterminación da comunidade aborixe, nas antípodas do colonialismo, érguese para Salvado como ámbito sobranceiro de sentido da pertenza, do recoñecemento da diferenza, no que o cultivo do «autointerese» vital do pobo nativo se presenta, e complementa a base social do seu autorrespecto e a súa dignidade.

Inauguración
Data de celebración: 2014-04-03 10:00:00






Descubrindo a Rosendo Salvado en 1978
Data de celebración: 2014-04-03 10:30:00






Os arquivos de Salvado: un legado único
Data de celebración: 2014-04-03 11:00:00






Salvado e os aborixes: da mesma raza humana. Igualdade e dignidade "ante litteram"
Data de celebración: 2014-04-03 12:15:00




Cultivar o espazo: Rosendo Salvado e os agricultores aborixes (1860-1900)
Data de celebración: 2014-04-03 17:35:00






Concerto de obras de piano de Salvado por Brais González
Data de celebración: 2014-04-03 18:00:00







Estrea da obra Maquieló para cuarteto de percusión de Antón Alcalde
Data de celebración: 2014-04-03 19:30:00



O poder en conflicto coa esencia dos pobos
Data de celebración: 2014-04-04 10:00:00






Relacións culturais e literarias entre Galicia e Australia
Data de celebración: 2014-04-04 10:45:00




Civilización e cultura en Rosendo Salvado
Data de celebración: 2014-04-04 12:00:00






Rosendo Salvado e mais nós
Data de celebración: 2014-04-04 12:45:00




Clausura
Data de celebración: 2014-04-04 13:15:00