consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


A danza a debate
xornada | 6 e 7 de maio de 2014
Información

A danza formou parte da Historia da Humanidade dende o principio dos tempos, reflectindo os cambios na forma en que o pobo coñece o mundo, relacionando os seus corpos e experiencias co dos ciclos da vida, tendo a necesidade de comunicarse corporalmente con movementos que expresaban sentimentos e estados de ánimo.


Hoxe en día a Danza, con maiúsculas, segue formando parte das nosas vidas ao igual que o fixo na dos nosos antepasados. É algo vivo que evoluciona cos tempos pero é consubstancial coa natureza humana.


Con motivo da celebración do Día Internacional da Danza (29 de abril), a Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega quere dedicar estas xornadas de Danza (tanto a Tradicional, propia da nosa riqueza cultural, como a Danza Clásica e Contemporánea, tamén pertencente á nosa sociedade cultural) para facer unha achega en primeiro plano e reflexionar sobre a situación actual da danza, tanto no ámbito educativo como profesional; fomentar a danza como medio de expresión e fonte de creatividade así como formación integral do ser humano; analizar as súas particularidades e poñer en valor a súa riqueza; debater as ideas para o desenvolvemento nos diferentes eidos, tanto educativos como profesionais, etc. Son estes algúns dos obxectivos destas xornadas, abertas e plurais, como a realidade da danza e o seu público, nos diferentes eidos e estilos.


”O importante é ese único instante no movemento. Darlle a ese momento sentido, importancia e vitalidade. Non deixar que se desvaneza en van sen ser percibido.” 
- Martha Graham -


<< XORNADAS: A DANZA A DEBATE 


 


Hemeroteca
28-04-2014
O CCG celebra o día da danza cunhas xornadas de debate
Ficha técnica
Coordinación
» Eva Faraldo
» Isabel Villoch
Inauguración
» Maximino Zumalave Caneda
Participante
» C. Lata Villoch
» Jesús Quiroga
Presenta
» Xosé Barato
» Juan Durán
» Inmaculada López Silva
» Rodrigo Porral
Relator/a
» Chisco
» Sergio Cobos
» Raquel González García
» Virginia Valero
Organiza
» Consello da Cultura Galega
» Sección de Música e Artes Escénicas (CCG)
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2ºandar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela