consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Obras públicas e patrimonio cultural
seminario | 13 e 14 de maio de 2014
Información

O territorio, debido aos procesos naturais e/ou antrópicos que inciden nel, está en construción permanente. Entendemos por procesos antrópicos os estritamente culturais e os que son derivados da contemplación humana do territorio, tales como a percepción estético-emocional que devén en sentir aquel como Paisaxe, ou os que o vivencian como territorio patrimonializado e fidelizado culturalmente, que o fan sentir como herdade, como memoria e como excitador e fixador da identidade colectiva e individual, é dicir, como un Ben Cultural. Son, pois, os procesos antrópicos aqueles que, máis alá dos procesos da natureza, deixaron pegadas humanas directa e indirectamente esculpidas na topografía do territorio ata dotala da calidade de topografía cultural e convertela en parte da identidade dun país.


As pegadas naturais e/ou as antrópicas explican e documentan directamente aqueles procesos económicos e sociais que non sempre están ben custodiados na práctica dos procesos proxectuais e na construción das grandes infraestruturas que se levan ou que se levaron a cabo, no territorio galego nos últimos tempos. Por tal motivo, a Sección de Patrimonio e Bens Culturais considera pertinente a realización deste seminario, que pretende facer o balance do nivel de colaboración e de converxencia das diferentes administracións que actúan como axentes e xestores, ou sexa, como promotores de calquera tipo de intervención sobre o noso territorio, e aquelas administracións que exercen a competencia de definir e previr a conservación daquelas áreas do territorio con valores culturais, materiais e inmateriais, que sexan considerados, ou susceptibles de selo, como Bens Culturais catalogados e/ou declarados.


Pero tamén se trata de que neste seminario se discuta sobre como axudar a que as administracións actuantes nos procesos proxectuais e nas execucións das obras cultiven actitudes que se derivan do Estado de Dereito e ás que, polo tanto, están obrigadas. Investigar, coñecer, proxectar e conservar durante unha obra pública as áreas do Territorio e os Bens deste que teñan a categorización de Bens Culturais debería ser, para as administracións que eliximos entre todos, a tarefa primeira que ter presente, e non sempre o é.


Na organización do Estado de Dereito déronse pasos moi significativos dende os anos 1992-1993 cunha práctica de interdisciplinaridade maior nas distintas fases e procesos que se levan a cabo neste tipo de proxectos. Non obstante, lograr unha maior excelencia, publicitación e participación da cidadanía nas distintas fases e procesos que se seguen á hora de intervir sobre o territorio debe ser un obxectivo que acadar, xa que derivará en aumentar a percepción do territorio como Paisaxe e en mellorar a vivencia deste como patrimonializado e fidelizado culturalmente, é dicir, como herdade, como memoria e como excitador e fixador da identidade colectiva e individual. En definitiva,este seminario trata de reflexionar sobre o xeito de facilitar un maior grao de acceso á Cultura, ao Ben Cultural que é o territorio, contribuíndo, así, a aumentar de paso a patrimonialización cultural deste.


Inauguración
Data de celebración: 2014-05-13 09:30:00

Carlos Nárdiz Iago Seara Jesús Vázquez Ramón Villares

Carlos Nárdiz Iago Seara Jesús Vázquez Ramón Villares

Ramón Villares, presidente do Consello de Cultura Galega 
Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia


As obras públicas e o Patrimonio Cultural, versus construción da paisaxe
Data de celebración: 2014-05-13 10:00:00



Carlos Nárdiz Iago Seara

Iago Seara e Carlos Nárdiz, profesores da Universidade da Coruña. Sección do Patrimonio de Bens Culturais do CCG


A integración do “Patrimonio de bens culturais” nas fases de planificación, proxecto e construción das estradas
Data de celebración: 2014-05-13 11:30:00



Carlos Lefler Carlos Nárdiz Federico Saldaña

Federico Saldaña, enxeñeiro da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia 
Carlos Lefler, xefe de Servizo de Planificación e Programación da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia


Os inventarios e os catálogos do “Patrimonio de bens culturais”. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia
Data de celebración: 2014-05-13 12:45:00



Manuel Chaín Juan Naveira Iago Seara

Juan Naveira e Manuel Chaín, subdirectores da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia


As obras do ferrocarril en Galicia e o Patrimonio Cultural
Data de celebración: 2014-05-13 16:30:00



Carlos Nárdiz Juan Pablo Villanueva

Juan Pablo Villanueva, xerente de Área do ADIF en Galicia


As obras hidráulicas en Galicia e o Patrimonio Cultural
Data de celebración: 2014-05-13 17:15:00



Francisco Alonso Ignacio Ardá Carlos Nárdiz

Francisco Alonso, xefe da Demarcación de Pontevedra de Augas de Galicia 
Ignacio Ardá Freire, director técnico adxunto da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil 
Coordina e modera: Carlos Nárdiz


A xestión do Patrimonio Cultural do Territorio
Data de celebración: 2014-05-13 18:30:00



Carlos Amoedo Xoán Carmona Felipe Criado Pegerto Saavedra Ramón Yzquierdo

Felipe Criado Boado, profesor de investigación do CSIC e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC 
Carlos Amoedo, catedrático de Dereito Administrativo da UDC 
Xoán Carmona, catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC 
Ramón Yzquierdo Perrín, catedrático de Historia da Arte da UdC 
Coordina e modera: Pegerto Saavedra Fernández, catedrático de Historia Moderna da USC


O Patrimonio Cultural nos estudos de avaliación ambiental e a paisaxe
Data de celebración: 2014-05-14 09:30:00



Carlos Calzadilla Carlos Nárdiz Augusto Pérez Iago Seara

Carlos Calzadilla, subdirector Xeral de Evaluación Ambiental da Xunta de Galicia 
Augusto Pérez Alberti, catedrático de Xeografía Física da USC


Os organismos públicos de investigación e os axentes sociais na conservación do patrimonio cultural do territorio
Data de celebración: 2014-05-14 11:15:00



Juan R. Acinas Rebeca Blanco Marcial Gondar Alfonso Revilla Iago Seara

Juan R. Acinas, profesor de Enxeñeria Hidráulica da UdC 
Rebeca Blanco Rotea, investigadora do Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe, Instituto de Investigacións Tecnolóxicas, USC 
Alfonso Revilla, Oficina de Planeamento, S.A. Marcial Gondar, catedrático de Antropoloxía Social da USC 
Coordina e modera: Iago Seara


Territorio e Patrimonio Cultural. Unha tarefa encomiable e difícil
Data de celebración: 2014-05-14 13:00:00



María del Carmen Martínez Carlos Nárdiz Iago Seara

Mª Carmen Martínez Ínsua, directora Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia