consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Lino Novás Calvo:
xornada | 19 e 20 de xuño de 2014
Información

Lino Novás Calvo (Grañas do Sor, 1903-Lake Worth, FLorida 1983) é un escritor formado en Cuba, a onde emigrou sendo case un neno. Na cidade da Habana traballou en diversos oficios (dependente, libreiro, taxista ou “fotinguero”), pero sen renunciar a unha formación literaria sólida e a un coñecemento de idiomas, como o francés e o inglés, que serían fundamentais na súa carreira de escritor, de xornalista, de tradutor e de profesor na Universidade de Siracusa, durante o seu exilio a partir de 1960. Nunha curta autobiografía que lle enviou ao hispanista alemán W. Pabst en 1932, el mesmo se define: “no soy español ni cubano: soy un emigrante”.


Pero a súa biografía non é a do emigrante anónimo. El logrou converterse nun escritor de referencia en Cuba e en España, a partir da publicación do seu romance El negrero (Madrid, 1933) e logo de diversos volumes de contos (La luna nona, Bos Aires, 1942; Cayo Canas, 1946; Maneras de contar, Nova York, 1970 e, de forma póstuma, Otras maneras de contar, Barcelona, 2005). Lino Novás Calvo foi tamén un xornalista excepcional, correspondente de revistas como Orbe e xefe de redacción de Bohemia, a revista literaria máis famosa de Cuba. Foi tamén tradutor, tarefa en que comezou a destacar durante a súa estadía en España (cando traduciu libros de A. Huxley, D. H. Lawrence ou H. de Balzac), e logo, nos vinte anos que pasou de novo na Habana (1940/1960), converteuse en tradutor especializado en W. Faulkner e, sobre todo, en E. Hemingway, quen persoalmente esixiu que fose Lino Novás Calvo o que fixese a versión española de obras como El viejo y el mar.


Lino Novás Calvo é un autor que ten un saibo cubano por aprendizaxe, pero inequivocamente galego por tradición familiar e mesmo cultural, aprendido na súa infancia ortegana mais tamén no intenso contacto que mantivo na capital cubana coa colonia inmigrante galega. El nunca negou as súas orixes, pero non foi dos emigrantes que esperaban ser recoñecidos nos seus lugares de procedencia. As feridas dunha difícil infancia e a súa condición de fillo de solteira marcaron a ferro as febras máis íntimas da súa personalidade. Cando veu a España en 1931, comezou o seu periplo de regreso pola súa aldea natal, pero nunca máis voltou, se ben mantivo relación epistolar coa súa familia.


Exiliado coa súa muller e a súa única filla nos Estados Unidos desde 1960, parecería terse perdida a súa relación coa terra natal. Pero a súa filla, Himilce Novas, atendeu unha voz interior que lle dicía que seu pai e a súa obra debían retornar a Galicia. E, por esta razón, entregou ao Consello da Cultura Galega os documentos que conservaba del: orixinais de contos ou de artigos de xornal, datos biográficos persoais, libros traducidos, números especiais de revistas…, ata os seus propios lentes chegaron no donativo feito por Himilce Novas, nun acto de xenerosidade que non é doado de corresponder, pero que moito agradecemos.


O noso compromiso foi preservar este legado e contribuír á mellor difusión da obra de Lino Novás Calvo. O primeiro paso foi dixitalizar os fondos recibidos, que progresivamente serán difundidos na internet, de modo que esta figura galaica, cubana e mesmo americana poderá ser mellor coñecida e estudada. O segundo paso é a organización destas Xornadas Lino Novás Calvo, nas que participarán expertos sobre a súa obra e o seu tempo, e nas que tamén nos acompañará a súa filla, Himilce. Todo contribúe a que se produza un retorno de Lino Novás Calvo á súa Galicia natal, que queremos entender que é “aquel lugar de donde me llaman”, como reza o título dun dos seus máis fermosos contos.


Inauguración
Data de celebración: 2014-06-19 09:30:00

Alfonso Emilio Balseiro José Antonio Solana Ramón Villares

Alfonso Emilio Balseiro José Antonio Solana Ramón Villares

Lino Novás Calvo e as súas
Data de celebración: 2014-06-19 10:00:00

Carlos Espinosa

Carlos Espinosa Ramón Villares

Carlos Espinosa. Missisipi State University


O retorno dun emigrante: a década dos trinta
Data de celebración: 2014-06-19 11:30:00

Emilio Grandío

Rosario Álvarez Emilio Grandío

Emilio Grandio. USC


O hispanista en Estados Unidos
Data de celebración: 2014-06-19 12:30:00

Alex Alonso. Brooklin College, City University of New York


Autobiografía e biografía en Lino Novás Calvo: Atracción polo extraordinario
Data de celebración: 2014-06-19 16:30:00



Rosario Álvarez

Jesús Gómez de Tejada. Universidad de Sevilla


A corrente da conciencia
Data de celebración: 2014-06-19 17:30:00

Emilia García Ramón Villares

Emilia García Himilce Novás Ramón Villares

Himilce Novas. Escritora


Lino Novás Calvo no contexto da literatura hispanoamericana do século XX
Data de celebración: 2014-06-19 18:30:00



Ana Chouciño Ramón Villares

Ana Chouciño. Cátedra Alejo Carpentier, USC 


Galicia na obra literaria de Lino Novás Calvo
Data de celebración: 2014-06-19 18:30:00



Luís González Ramón Villares

Luís G. Tosar. Pen Clube Galicia


Lino Novás Calvo na Cuba de Batista
Data de celebración: 2014-06-20 10:00:00



Pilar Cagiao Carlos Espinosa

Pilar Cagiao. USC


Lino Novás Calvo no eixe da revista Bohemia
Data de celebración: 2014-06-20 11:30:00



Carlos Espinosa Cira Romero

Cira Romero. Instituto de Literatura y Lingüística “J. A. Portuondo”, A Habana


De Grañas do Sor a Cuba
Data de celebración: 2014-06-20 12:30:00



Pilar Cagiao Bernardo Penabade

Bernardo Penabade. IES Perdouro, Burela
X. Neira Vilas. Real Academia Galega


Clausura
Data de celebración: 2014-06-20 13:30:00



Cira Romero Ramón Villares

Hemeroteca
11-06-2014
A propósito de Lino Novás Calvo
19-05-2014
Unhas xornadas descobren a Lino Novás Calvo, o escritor e xornalista que traduciu a Hemingway
Ficha técnica
Relator/a
» Pilar Cagiao
» Ana Chouciño
» Carlos Espinosa
» Jesus Gómez de Tejada
» Emilio Grandío
» Xosé Neira Vilas
» Himilce Novás
» Bernardo Penabade
» Cira Romero
» Luís G. Tosar
Ámbito
» Comisión de Acción Exterior (CCG)
Organiza
» Consello da Cultura Galega
Ver tamén en:
» Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Participantes
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel. 981 957 202 / Fax 981 957 205