consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


XVI Encontros para a normalización lingüística
encontro | 24 e 25 de setembro de 2014
Información

Esta edición dos Encontros pola Normalización Lingüística quere servir como un foro de información, debate e proposta con dous obxectivos en foco:


• Contrastar as distintas evolucións, situacións e perspectivas sociolingüísticas e glotopolíticas das tres linguas cooficiais das respectivas nacionalidades –do catalán (nos seus diversos dominios, pero con foco en Cataluña), do vasco (nos seus distintos dominios, con foco en Euskadi) e do galego (incluíndo as variedades estremeiras)– e unha lingua sen recoñecemento oficial (o asturiano)
• Reflexionar sobre distintos aspectos da (non?) política lingüística do Estado en relación co seu multilingüismo interno e de Europa en relación coas linguas non estatais, sen deixarmos de referirnos a un factor cada vez máis relevante, que son as migracións.


No transcurso dos Encontros, presentaranse relatorios panorámicos sobre cada un dos aspectos devanditos, dunha parte con información posta ao día e doutra parte parte con refl exións sobre o camiño andado (e nalgún caso desandado) e o porvir, dando espazo para o necesario debate.


Rematado o prazo inicial de inscrición, todas as persoas que o solicitaron foron admitidas e así lles foi comunicado vía correo electrónico. Quedan aínda prazas dispoñibles para asistir ás xornadas polo que, se é do seu interese, pode solicitar a súa inscrición mediante o formulario.


Inauguración
Data de celebración: 2014-09-24 16:00:00

Sociolingüística e glotopolítica: catalán / valenciano
Data de celebración: 2014-09-24 16:15:00

Miquel Pradilla


Sociolingüística e glotopolítica: vasco
Data de celebración: 2014-09-24 18:00:00

Patxi Baztarrika


Sociolingüística e glotopolítica: o asturiano
Data de celebración: 2014-09-24 19:00:00

David Guardado


O plurilingüismo no Estado Español: A cultura cívica
Data de celebración: 2014-09-25 09:30:00

A xustiza ante o plurilingüismo. 
Francisco Caamaño
O plurilingüismo na cultura lingüística española. 
Andrés Barrera
A diversidade de linguas de España nos medios de comunicación. 
Iago Martínez


As linguas de inmigración: integración e pluralismo
Data de celebración: 2014-09-25 11:45:00

Inmigración, integración e plurilingüismo en Cataluña
Carmen Junyent
Inmigración e multiculturalidade en Galicia
Antía Pérez


As linguas de Europa
Data de celebración: 2014-09-25 13:00:00

A Carta europea das linguas rexionais e minoritarias. 
Alba Nogueira
A política da Unión Europea cara ás linguas minorizadas
Carmen Alén Tarde


Sociolingüística e glotopolítica: galego
Data de celebración: 2014-09-25 16:30:00

Xaime Subiela


O galego estremeiro
Data de celebración: 2014-09-25 17:45:00

Hector Silveiro