consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Presentación do libro «La Cultura con Allende»
presentación | Venres, 27 de xuño de 2014 ás 12:30
Información

O Consello da Cultura Galega acolle o venres 27 de xuño ás 12:30 horas, a presentación de La Cultura con Allende, un traballo de Gonzalo Contreras Loyola (Santiago de Chile, 1958) que recolle experiencias no ámbito da creación artística desenvolvidas en Chile polo presidente Salvador Allende durante os mil días de Goberno da Unidade Popular.


A presentación desta publicación en Santiago de Compostela enmárcase nunha xira que Gonzalo Contreras comezou en Londres, que o levará por varios países europeos. En Galicia, presentarase tamén en Sada, convidado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, en Vigo e en Ourense.


Gonzalo Contreras Loyola (Santiago de Chile, 1958) é un poeta chileno, escritor, investigador literario e editor cultural a través da Editorial Étnica, que el mesmo fundou. O seu traballo está especializado na investigación, recuperación e difusión de autores e obras senlleiras e escasamente difundidas en Chile. Na súa traxectoria, Gonzalo Contreras obtivo diferentes galardóns e recoñecementos de entidades e institucións, entre os que destaca o Premio Carlos George Nascimento (2010), entregado pola Cámara Chilena del Libro á mellor edición do Bicentenario, pola súa obra Claudio Giaconi, un escritor invisible.


Presentación do libro «La Cultura con Allende»
Data de celebración: 2014-06-27 12:30:00


Ficha técnica
Autoria
» Gonzalo Contreras Loyola
Participantes
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela