Presentación da «Bigrafía de Antonio Casares Rodríguez»

Presentación.

Presentación da «Bigrafía de Antonio Casares Rodríguez»

Mércores, 9 de xullo de 2014 ás 12:00
Santiago de Compostela
Presentación

Presentación da «Bigrafía de Antonio Casares Rodríguez»

Mércores, 9 de xullo de 2014 ás 12:00 Santiago de Compostela

A biblioteca do Consello da Cultura Galega acolle o mércores 9 de xullo ás 12:00 horas, a presentación da Biografía de Antonio Casares Rodríguez. Trátase do primeiro volume co que a editorial Ouvirmos abre unha colección de Biografías de científicos galegos, dedicada a rescatar a vida e obra dos pioneiros que achegaron luz e progreso á nosa historia.


Neste traballo, a historiadora María Luisa Losada Sanmartín fai un percorrido polos episodios máis relevantes da biografía de Antonio Casares Rodríguez, considerado o científico galego máis importante do século XIX. Segundo informa a editora é “o pai da química moderna en Galicia, foi o primeiro en sintetizar o cloroformo co que se realizaron as primeiras cirurxías con anestesia no Estado. Ademais, entre os seus logros figura, iluminar a noite santiaguesa ao encender a primera luz eléctrica con arco voltaico que funcionou a nivel estatal. Foi pioneiro na espectroscopia e nas análises de aguas medicinais, que tanto contribuíron ao auxe dos balnearios no século XIX, e descubriu dous novos minerais, a morenosita e a zaratita. Destacou ademais como experto en nutrición e toxicoloxía, realizou notables achegas ao estudo das vides e iniciou as investigacións meteorolóxicas en Galicia”.

LUGAR

LUGAR
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago
Tel.: +34 981957202

Ficha técnica 
Presentación.
Presentación da «Bigrafía de Antonio Casares Rodríguez»
Cando
Mércores, 9 de xullo de 2014 ás 12:00
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago
Tel.: +34 981957202