B.J. Feijoo. Renovador do pensamento da Ilustración no 250 aniversario do seu pasamento (1676-1764)

Seminario.

B.J. Feijoo. Renovador do pensamento da Ilustración no 250 aniversario do seu pasamento (1676-1764)

No Liceo de Ourense (Ourense), xoves, 9 de outubro de 2014
Ourense
Seminario

B.J. Feijoo. Renovador do pensamento da Ilustración no 250 aniversario do seu pasamento (1676-1764)

No Liceo de Ourense (Ourense), xoves, 9 de outubro de 2014 Ourense

Cúmprense 250 anos da morte de B. J. Feijoo. Un ourensán que cos seus escritos contribuíu, coma poucos, a que os alentos da modernidade comezasen a chegar a España. Os homes da Ilustración española e galega considerárono sempre como un dos seus principais referentes, pero tamén nos séculos seguintes o seu pensamento foi sempre motivo de estímulo e de reflexión sobre as dificultades que os movementos renovadores tiveron neste país.


Galicia e, sobre todo, Ourense tivérono como un dos seus fillos máis eminentes e Castelao situouno, xunto a Sarmiento, no cortexo de galegos inmorredoiros de Alba de Groria. Rúas e prazas hónranse co seu nome e os escritores galegos máis sensibles á necesidade de que o progreso e as luces chegasen a esta terra, coma Curros, vírono sempre como un dos seus.


Moito se ten escrito e reflexionado sobre a obra do Mestre B. J. Feijoo, pero cada época ten o seu propio xeito de considerar as cousas e, mesmo, de reinterpretar a súa historia. Por iso, o século XXI, coas súas convulsións e cambios, pode e debe, tamén, volver ollar coa súa particular circunstancia o pensamento e a época de Feijoo.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia ao seminario.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Liceo de Ourense
Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5
32005 Ourense

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.org
difusion@consellodacultura.org
Consulta os materiais en http://consellodacultura.org/mediateca

Ficha técnica 
Seminario.
B.J. Feijoo. Renovador do pensamento da Ilustración no 250 aniversario do seu pasamento (1676-1764)
Cando
No Liceo de Ourense (Ourense), xoves, 9 de outubro de 2014
Onde
Ourense
Enderezo

LUGAR
Liceo de Ourense
Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5
32005 Ourense

Coordinación
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Relator/a
Xosé Ramón Barreiro Fernández
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Antonio Lafuente
Luís Rodríguez Ennes
Inmaculada Urzainqui
Organiza
Consello da Cultura Galega
Colabora
Liceo de Ourense
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense