consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Elena Colmeiro: Espazos da materia
xornada | Xoves, 30 de outubro de 2014
Información

Esta xornada, dedicada á escultora Elena Colmeiro (Silleda, Pontevedra, 1932), preséntase como unha relectura a unha obra chea de liberdade creativa, fóra de modas e modismos, pero integrada dentro do eido da escultura actual e que achega un estilo propio á realidade da historia da escultura galega contemporánea.


Este encontro adquire unha especial importancia na vontade de revisar o pasado recente da arte contemporánea galega, coa intención de confeccionar un novo relato, de perspectiva actual, acerca desta artista que transcende a escultura para converterse en creadora global: tenaz, intuitiva e incansable procuradora de significados.


Así mesmo, outras voces da plástica e da visualidade artística en Galicia formularán distintas olladas sobre as prácticas artísticas creativas e interpretativas. Un encontro para achegarse á súa interesante xeografía vital e profesional desde a súa propia voz xunto ás de outras artistas e profesionais, co principal obxectivo de falar sobre a práctica artística, sobre os discursos e as narrativas debuxadas polas mulleres nas artes visuais, convincentes e resistentes na práctica actual. Diso trata precisamente a obra de Colmeiro, de empregar vivencias, pulsións e experiencias para medir o inquietante que pode ofrecer o material, dándolle forma, rompéndoo ou modelándoo, unindo realidade e ficción até presentar espazos da súa propia materia.


Inauguración
Data de celebración: 2014-10-30 10:00:00

María Xosé Agra María Luísa Sobrino Ramón Villares

Ramón Villares, presidente do CCG 
María Xosé Agra Romero, coordinadora da Comisión de Igualdade do CCG 
María Luísa Sobrino Manzanares, coordinadora da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do CCG


Elena Colmeiro. Cerámica, experiencias e procesos creativos. Anacos dunha biografía
Data de celebración: 2014-10-30 10:30:00

María Luísa Sobrino Rosario Sarmiento

Rosario Sarmiento, directora de ABANCA, Colección de arte 
Presenta: María Luísa Sobrino Manzanares, coordinadora da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do CCG


Cartografía Elena Colmeiro González
Data de celebración: 2014-10-30 12:00:00

Mariam Mariño

Mariam Mariño Costales, técnica da Comisión de Igualdade do CCG


Relatorios e debate: Actualidade das artes visuais.
Data de celebración: 2014-10-30 12:15:00

Rosario Sarmiento Yolanda Herranz Monse Cea Anxela Caramés Holga Méndez

Presenta e modera: Rosario Sarmiento, directora de ABANCA, Colección de arte
Mulleres e artes visuais 
Yolanda Herránz, artista e profesora da Universidade de Vigo 
Arte de resistencia na práctica artística actual 
Holga Méndez, artista e profesora da Universidad de Zaragoza 
Discursos e relatos no colectivo profesional 
Monse Cea, artista e comisaria de exposicións 
Apuntes sobre unha teoría de prácticas artísticas feitas por mulleres 
Anxela Caramés, historiadora da arte e comisaria de exposicións


A escritora e xornalista Ana Romaní conversa con Elena Colmeiro
Data de celebración: 2014-10-30 16:30:00

Elena Colmeiro Ana Romaní

As mulleres e a súa práctica artística a debate
Data de celebración: 2014-10-30 17:15:00

Chelo Matesanz Miguel Anxo Rodríguez María Luísa Sobrino María Xosé Díaz Daniel Río

Presenta e modera: María Luísa Sobrino Manzanares, coordinadora da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do CCG 
María Xosé Díaz, artista 
Chelo Matesanz, artista e profesora da Universidade de Vigo 
Caxigueiro, artista 
Miguel Anxo Rodríguez, historiador da arte e profesor da Universidade de Santiago de Compostela


Clausura
Data de celebración: 2014-10-30 18:45:00

María Xesús Martínez Natalia Poncela

Chus Martínez Domínguez e Natalia Poncela López Coordinadoras da Xornada. Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do CCG


Performance. Antifonía nº1. Ana Gesto
Data de celebración: 2014-10-30 19:15:00

Ana Gesto, artista