consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Novas mobilidades nun contexto de crise. Retos da emigración para a sociedade galega
seminario | 21 e 22 de outubro de 2014
Información

Nos últimos anos, o impacto da crise trouxo consigo un cambio do ciclo migratorio galego. A principios do presente século, durante a fase de crecemento económico, a chegada de inmigrantes (xa fosen estranxeiros ou “retornados”) protagonizou o discurso social, mediático e político, e converteuse no foco de interese das investigacións sobre mobilidades levadas a cabo en Galicia. Non obstante, o impacto da crise implicou un interese crecente polo cambio do ciclo migratorio e sitúa actualmente o foco de atención nos novos fluxos de saída de cidadáns galegos ao exterior.


Esta problemática foi aínda pouco estudada e non escapa á nosa consideración a súa complexidade. Detrás das cifras de cidadáns españois que están saíndo actualmente de Galicia, agóchanse realidades sociais moi diversas: mozas e mozos galegos que buscan un posto de traballo no exterior; inmigrantes de orixe estranxeira, naturalizados, que retornan aos seus países ou que fan as maletas para instalarse noutras contornas economicamente máis prósperas; retornados galegos (aqueles que no seu día foron emigrantes, ou os seus descendentes, que volveron a Galicia atraídos pola época de prosperidade) e que regresan aos seus antigos países de emigración (Suíza, Alemaña, Arxentina, etc.), estudantes… A isto cómpre sumarlle outro tipo de mobilidades (transfronteirizas, migracións circulares de ida e volta, etc.).


Estas xornadas pretenden sacar á luz estas realidades diversas mediante unha estimación da súa magnitude, o esclarecemento da dificultade que entraña a explotación das fontes estatísticas e o estudo dos retos políticos e sociais que comportan estas novas mobilidades para a sociedade galega.


Inauguración
Data de celebración: 2014-10-21 10:00:00





Mobilidades e migracións: tendencias, actitudes e explicacións
Data de celebración: 2014-10-21 10:30:00




Antonio Izquierdo Escribano, catedrático de Socioloxía, Universidade da Coruña


Novas mobilidades. Tipoloxía e estimación de magnitudes á luz das fontes estatísticas
Data de celebración: 2014-10-21 12:00:00




Andreu Domingo, subdirector do Centro de Estudios Demográficos e profesor asociado no Departamento de Xeografía da UAB


Inmigración, emigración e nacionalidade: fronteiras difusas
Data de celebración: 2014-10-21 16:30:00




Amparo González Ferrer, científica titular, Centro de Ciencias Humanas y Sociales do CSIC


Mobilidades actuais no contexto europeo: estudos de caso
Data de celebración: 2014-10-21 17:30:00




Ildefonso de la Campa Montenegro, Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia 
Antía Pérez Caramés, profesora contratada doutora, Universidade da Coruña 
Obdulia Taboadela Álvarez, profesora titular, Universidade da Coruña 
Modera: Laura Oso, profesora titular, Universidade da Coruña


As novas migracións entre o Sur e o Norte de Europa: cadro de fluxos e respostas políticas
Data de celebración: 2014-10-22 10:00:00




Jorge Malheiros, profesor asociado, Instituto de Geografia e Ordenamento do Território da Universidade de Lisboa


Reflexións sobre a Galicia exterior: galeguidade, emigración e cidadanía
Data de celebración: 2014-10-22 11:30:00




Antonio Rodríguez Miranda, Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia


Debate
Data de celebración: 2014-10-22 12:30:00



Clausura
Data de celebración: 2014-10-22 13:00:00