consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


O financiamento de proxectos musicais a partir do patrocinio privado
xornada | Xoves, 16 de outubro de 2014
Información

O investimento público na industria musical galega vén diminuíndo nos últimos anos. A partir dos anos oitenta, eses ingresos medraron exponencialmente e modificaron as dimensións globais e o peso dos diferentes subsectores do negocio musical propio. Moitos consideran, agora, esa intervención pública curtopracista e falta de visión industrial como unha das principais causas das actuais eivas do sector. Aquel investimento público xestionado con criterios non profesionais é evidente en políticas como a gratuidade xeneralizada para o acceso aos eventos musicais ―financiados con cargo ao erario municipal ou autonómico― ou a inflación dos prezos dos provedores, evidente nos cachés dos artistas e nos servizos das industrias auxiliares. Como resultado, ese fluxo económico, no canto de afianzar o sector, alterou a cadea de valor e impuxo un modelo de crecemento non sostible, unha pequena burbulla que, coma outras, estourou e deixou unhas secuelas das que o sector aínda non foi capaz de recuperarse.


Así o pon de manifesto o equipo de investigación Canal Campus, pertencente ao Grupo de Investigación Estudos Audiovisuais da USC, dedicado nos últimos anos ao estudo da nosa industria musical. A súa especialización no campo dos Popular Music Studies levou a Canal Campus a afondar, entre outras liñas de investigación, na actividade das orquestras de verbena ou no papel dos festivais, tanto de música urbana como tradicional.


A proposta do Consello da Cultura Galega e Canal Campus é xuntar nesta xornada empresas cunha clara traxectoria de patrocinio de eventos musicais con axentes, creadores e promotores da industria musical propia para coñecer de primeira man as súas necesidades e intereses, así como as súas demandas respecto de políticas públicas útiles para o sector, como a lexislación de mecenado ou incentivos fiscais. No canto das axudas directas da Administración, este tipo de intervención pública podería contribuír a potenciar unha industria musical sostible, un obxectivo en que a iniciativa privada parece decisiva se botamos unha ollada a países cunha actividade musical saudable, tanto desde o punto de vista cultural como económico.


En definitiva, o encontro entre representantes do ámbito da creación, promoción, financiamento e difusión quere axudar a establecer unha visión plural do estado do sector co fin de trazar vías alternativas para a superación dun modelo en crise.


Iniciativas de financiamento para proxectos musicais a partir do financiamento privado: estado da cuestión.
Data de celebración: 2014-10-16 16:30:00

Maximino Zumalave Xaime Fandiño

Maximino Zumalave Xaime Fandiño

Xaime Fandiño, profesor e director do equipo Canal Campus da USC


Marcas privadas como dinamizadoras da industria musical
Data de celebración: 2014-10-16 17:15:00



Xaime Fandiño Pati Blanco Juan Paz Víctor Flores Roberto Val Yara Bueno María Teresa Cores

AFundación 
María Teresa Cores, directora da Área sociocultural da Fundación Galicia Obra Social 
El Corte Inglés 
Pati Blanco, director de comunicación e relacións externas 
Estrella Galicia 
Juan Paz, brand manager 
Martín Códax 
Yara Bueno, responsable de comunicación 
Red Bull 
Víctor Flores, responsable de marketing cultural 
Super Bock 
Roberto Val, responsable de vendas e marketing


Debate
Data de celebración: 2014-10-16 18:30:00

Xaime Fandiño Pati Blanco Juan Paz Víctor Flores Roberto Val Yara Bueno María Teresa Cores

Hemeroteca
15-10-2014
Unha xornada do Consello da Cultura analiza o patrocinio privado no financiamento de proxectos musicais
10-10-2014
O Consello da Cultura Galega reúne a profesionais da industria musical para falar do seu financiamento
Ficha técnica
Coordinación
» Xaime Fandiño
Participante
» Pati Blanco
» Yara Bueno
» María Teresa Cores
» Víctor Flores
» Juan Paz
» Roberto Val
Relator/a
» Xaime Fandiño
Organiza
» Consello da Cultura Galega
Participantes
»
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela