consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia
exposición | No Casino de Franza (Mugardos), do 15 de outubro ao 30 de outubro de 2014
Información

O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos emigrantes galegos. Así, prestou atención ás accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles que financiaron, implementaron, custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes.


Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación, ordenación e estudo do patrimonio legado polos nosos emigrantes contou e conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegas e tamén, a exposición que agora presentamos.


Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes. A exposición está no Casino Progreso de Franza, que podes coñecer dentro do noso proxecto Escolas da Emigración



Ficha técnica
Ámbito
» Comisión de Acción Exterior (CCG)
Colabora
» Secretaría Xeral de Emigración
Organiza
» Arquivo da Emigración Galega (CCG)
» Consello da Cultura Galega
Lugar de celebración

LUGAR
Casino de Franza 
Av. Francisco Vizoso
Franza
15626 Mugardos
A Coruña