consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


A lingua galega no solpor da Idade Media
simposio | Sábado, 22 de novembro de 2014
Información

Ininterrompidamente, desde o ano 2001 o Instituto da Lingua Galega vén organizando cada outono un simposio dedicado a un tema que o seu Consello Científico considera de interese non só para a comunidade investigadora, senón tamén para a comunidade educativa e, mesmo, para a sociedade galega en xeral. Trátase de reunións científicas nas que se trata, ante todo, de reflexionar sobre o coñecemento transmitido e de xerar coñecemento novo, mais tamén de contribuír á formación tanto dos estudantes universitarios coma das persoas xa tituladas.


En distintas edicións destes encontros o foco púxose en diversos períodos da historia da lingua galega sobre os que cumpría sistematizar o saber recibido para, a partir del, seguir avanzando. No ano 2005 celebrouse o simposio Na nosa lyngoage galega, en que se tratou sobre o xurdimento do galego como lingua escrita na Baixa Idade Media. Nove anos despois, baixo o título de A lingua galega no solpor da Idade Media o ILG propón unha reflexión sobre o ocaso do cultivo escrito do noso idioma ao final do Medievo. Nas dúas primeiras xornadas trazaranse os perfís do contexto histórico e sociolingüístico en que este proceso se produciu, prestando atención ás dinámicas sociais e políticas da Galicia da época e tamén ás diversas situacións en que daquela se encontraban o castelán, o portugués, o asturiano e o catalán. As outras tres xornadas dedicaranse especificamente á lingua galega tardomedieval, quer para analizar os seus declinantes usos escritos, literarios e non literarios, quer para presentar algúns dos cambios internos en que daquela estaba inmersa.


Actividade recoñecible como formación permanente do profesorado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con 18 horas lectivas.


Sobre algúns cambios en marcha no galego do século XV
Data de celebración: 2014-11-22 09:30:00

Ramón Mariño Paz (ILG-Universidade de Santiago de Compostela) 


Aspectos da morfosintaxe do galego tardomedieval
Data de celebración: 2014-11-22 10:30:00

Xosé Manuel Sánchez Rei (Universidade da Coruña) 


Os tempos compostos ao final da Idade Media e na Idade Moderna
Data de celebración: 2014-11-22 11:30:00

Eduardo Moscoso Mato (ILG-Universidade de Santiago de Compostela) 


Coloquio
Data de celebración: 2014-11-22 13:00:00

Ficha técnica
Comisión organizadora
» Lucía Doval Iglesias
» Ramón Mariño Paz
» Eduardo Moscoso Mato
» Xavier Varela
Comité científico
» Rosario Álvarez
» Juan Carrasco González
» Francisco Fernández Rei
» Manuel Ferreiro Fernández
» Juan Sánchez Méndez
Relator/a
» Ramón Mariño Paz
» Eduardo Moscoso Mato
» Xosé Manuel Sánchez Rei
Colabora
» Consello da Cultura Galega
Organiza
» Universidade de Santiago de Compostela
Participantes
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela