consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Albert Camus
xornada | 3 e 4 de decembro de 2014
Información

Poucas veces na nosa modernidade, época de fragmentacións, se atoparon tan brillantemente fundidas a obra e a persoa, a experiencia e o pensamento. É imposible disociar un e outro cando falamos de Albert Camus. Boa parte do seu permanente atractivo reside aí, nesa autenticidade. Seguen a interesarnos os seus problemas: a cuestión do sentido ou o sen-sentido, da soidade e a culpa, da acción e a decisión, da violencia, do nexo entre ética e política... pero tamén aquilo que caracterizou o seu autor: o compromiso, o seu papel en Combat, na Resistencia antinazi, a posición fronte ao comunismo e o anticomunismo, a guerra de Alxeria, a súa figura como intelectual...


Son varias as xeracións moi especialmente influídas polo seu pensamento e talante vital. El xunto con outras figuras do existencialismo constituíron un referente de ideas, valores e formas de vida, unha constelación cuxa luz tivo tamén o seu reflexo no espazo do que se facía en Galicia. O ronsel deixado polas conmemoracións do seu recente aniversario pode ser unha estimulante ocasión para tornar con ánimo renovado sobre esta figura da liberdade que foi Albert Camus.


PRAZAS ESGOTADAS
Debido á alta demanda de solicitudes recibidas, xa non hai prazas vacantes dispoñibles para asistir ás xornadas Albert Camus que terán lugar os vindeiros 3 e 4 de decembro de 2014. Se se producen baixas entre as persoas xa confirmadas seguirase estritamente a orde de entrada de solicitudes.


De ter interese, vostede podería cubrir a súa solicitude no formulario do sitio web e, se ficase libre algunha vacante, recibiría un correo de confirmación no seu correo electrónico, tal e como é procedemento habitual. Do mesmo xeito, se vostede ten confirmada a súa inscrición e non vai poder asistir, agradecémoslle que o comunique para poder dispoñer da súa praza.


Inauguración
Data de celebración: 2014-12-03 10:00:00



Jorge Álvarez Ramón Máiz Ramón Villares

Albert Camus, ¿máis escritor que filósofo?
Data de celebración: 2014-12-03 10:30:00

Arturo Leyte

María Xosé Agra Arturo Leyte

Arturo Leyte, Universidade de Vigo


Sobre o mal: Camus e Bataille
Data de celebración: 2014-12-03 11:45:00

Miguel Morey

África López Miguel Morey

Miguel Morey, Universitat de Barcelona


Camus e a pena de morte
Data de celebración: 2014-12-03 12:45:00

Alberto Moreiras

Jorge Álvarez Alberto Moreiras

Alberto Moreiras, Texas A&M University


Camus e Carlos Casares
Data de celebración: 2014-12-03 16:30:00

Damián Álvarez

Jorge Álvarez Damián Álvarez

Damian Villalaín e Carlos Fernández, ensaístas e membros da Sección de Pensamento e Sociedade do CCG


Albert Camus: O combate pola liberdade
Data de celebración: 2014-12-03 18:00:00

Francisco Jarauta

Jorge Álvarez Francisco Jarauta

Francisco Jarauta, Universidad de Murcia


A interpretación do resentimento por Camus
Data de celebración: 2014-12-04 10:30:00

Germán Cano

Ramón Máiz Germán Cano

Germán Cano, Universidad de Alcalá de Henares


A literatura galega baixo a influencia dun mal francés
Data de celebración: 2014-12-04 11:45:00

Bieito Iglesias

Bieito Iglesias Dolores Vilavedra

Bieito Iglesias, escritor


A polémica entre Camus e Sartre: razóns dun desencontro
Data de celebración: 2014-12-04 12:45:00

Rosa María Rodríguez

Carme Adán Rosa María Rodríguez

Rosa Rodríguez Magda, directora da Aula de Pensamiento da Institució Alfons el Magnànim (CECEL-CSIC)


Mito e existencia humana: Camus, Kerenyi e Blumenberg
Data de celebración: 2014-12-04 16:30:00

Jorge Álvarez José Luís Villacañas

José Luis Villacañas, Universidad Complutense de Madrid


O meu compromiso intelectual máis próximo a Sartre que a Camus
Data de celebración: 2014-12-04 18:00:00

Xesús Alonso

Xesús Alonso Ramón Villares

Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega