consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


XI Simposio O Libro e a lectura 2014: O libro e a lectura nos medios
simposio | Xoves, 20 de novembro de 2014
Información

Este xoves, 20 de novembro, terá lugar no auditorio do Consello da Cultura Galega a XI edición do Simposio anual da Asociación Galega de Editores, unha cita sobre o libro e a lectura baixo o tema "O libro e a lectura nos medios". Manuel Gago, xornalista cultural e director de culturagalega.org, recoñecido blogueiro; Xosé Manuel Pereiro, xornalista e codirector da revista Luzes; e Camilo Franco, xornalista cultural, crítico teatral e escritor, formarán parte da primeira das catro mesas programadas: "A cultura nos medios. O caso galego". Na segunda mesa da mañá, "O libro e a lectura na rede", participarán como relatores, Montse Dopico, xornalista cultural e creadora do Magazine Cultural Galego; César Lorenzo Gil, editor do blog Biosbarda; Raquel C. Pico, xornalista cultural e cofundadora do magazine Disquecool; e Nacho Alonso, director de contidos de Fervenzas Literarias e biblioteconomista en DataLib.


A xornada da tarde comezará coa mesa "O libro e a lectura na radio e na televisión", integrada por Ana Romaní, xornalista cultural, poetisa e directora do Diario Cultural da Radio Galega; Henrique Sanfiz, xornalista, director de Radio Fene; Kiko Novoa, xornalista e director de Galicia por diante da TVG.


"O libro e a lectura nos xornais", a derradeira mesa do evento, terá a Santiago Jaureguizar, xornalista de El Progreso e escritor; Xesús Fraga, xornalista cultural en La Voz de Galicia e escritor; e Carme Vidal, xornalista cultural en Sermos Galiza.


Expoñerán as súas experiencias e propostas relacionadas coa realidade actual dos medios e a súa aportación e atención á lectura e o libro, cernes do coñecemento e a cultura. A entidade organizadora conta coa colaboración de CEDRO, a Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega.


O Simposio "O Libro e a Lectura" é unha actividade anual da AGE que sempre contou coa atención e o interese de numerosos profesionais e axentes relacionados co libro de toda Galicia. Por este foro de reflexión e debate pasaron numerosos especialistas e profesionais de todo o abano do libro e a lectura, tamén do eido internacional: Bibliotecarios, editores, libreiros, distribuidores, profesores, expertos en propiedade intelectual, comercio internacional, marketing, redes sociais, novos soportes de edición, feiras profesionais do libro, etcétera. A experiencia das dez edicións anteriores augura un novo éxito de público atento e interactivo, que refresca sempre os debates e prantexa as cuestións máis candentes e sustanciais. 


Inauguración
Data de celebración: 2014-11-20 10:00:00

Laura Rodríguez Herrera, Presidenta da AGE
Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüistica 
Rosario Álvarez, Vicepresidenta do Consello da Cultura Galega


A cultura nos medios. O caso galego
Data de celebración: 2014-11-20 10:30:00

Presenta e modera: Xosé Aldea, Vicepresidente da AGE
Manuel Gago. Xornalista. Director de culturagalega.org. Escritor. 
Xosé Manuel Pereiro. Xornalista. Decano do Colexio de Xornalistas. Coodirector da revista Luzes. 
Camilo Franco. Xornalista cultural, crítico teatral. Escritor.


O libro e a lectura na rede
Data de celebración: 2014-11-20 12:00:00

Presenta e modera: Xulio Amigo 
Montse Dopico. Xornalista cultural. Creadora do Magazine cultural galego 
César Lorenzo Gil. Editor en Biosbardia. 
Manuel Rodríguez Alonso. Editor do blog literario Bouvard e Pecuchet 
Raquel C. Pico. Xornalista e cofundadora de Disquecool. 
Nacho Alonso. Fervenzas literarias. Director de contidos.


O libro e a lectura na radio e na televisión
Data de celebración: 2014-11-20 16:30:00

Presenta e modera: Henrique Alvarellos.
Ana Romaní. Directora de Diario Cultural da Radio Galega. CRTVG 
Henrique Sanfiz. Director de Radio Fene. Radios Municipais de Galicia. 
Kiko Novoa. Director de Galicia por diante da Radio Galega. CRTVG


O libro e a lectura nos xornais
Data de celebración: 2014-11-20 17:30:00

Presenta e modera: Gemma Sesar 
Santiago Jaureguizar. Xornalista de El Progreso. Escritor. 
Xesús Fraga. Xornalista cultural de La Voz de Galicia. Escritor. 
Carme Vidal. Xornalista cultural de Sermos Galiza.


Ficha técnica
Inauguración
» Rosario Álvarez
» Laura Rodríguez Herrera
Modera
» Xosé Aldea Meizoso
» Henrique Alvarellos Casas
» Xulio Amigo
» Gemma Sesar
Participante
» Nacho Alonso
» Montse Dopico
» Xesús Fraga Sánchez
» Camilo Franco
» Manuel Gago
» Santiago Jaureguizar
» César Lorenzo Gil
» Kiko Novoa
» Xosé Manuel Pereiro
» Raquel C. Pico
» Ana Romaní
» Henrique Sanfiz
» Carme Vidal
Colabora
» Consello da Cultura Galega
» Xunta de Galicia
Organiza
» Asociación Galega de Editores
Participantes
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.org
www.consellodacultura.org