Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)

Exposición. Valle-Inclán traducido

Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)

Na Residencia de Estudiantes de Madrid (Madrid), do 4 de decembro ao 8 de marzo de 2015
Madrid
Exposición
Valle-Inclán traducido

Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)

Na Residencia de Estudiantes de Madrid (Madrid), do 4 de decembro ao 8 de marzo de 2015 Madrid

Con motivo da inauguración da exposición, ás 19:30 do 10 de decembro, terá lugar a conferencia Valle Inclán, escritor modernist(a) a cargo de Darío Villanueva.


Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido [1906-1936] é un proxecto expositivo pero tamén un balance do «estado da arte» dos estudos valleinclanianos, feito por estudosos actuais da súa obra. Mostra e catálogo permitirán, pois, ver con outros ollos a figura de Valle-Inclán. Así como os nosos grandes devanceiros inflúen en nós, tamén a nosa ollada, segundo un coñecido ensaio de T. S. Eliot, pode mudar a propia imaxe dos que nos precederon. E este é un caso ben acaído para entender a complexidade dun autor como Valle-Inclán, tan intemporal como sometido ao imperio da súa época e, neste caso, da «materia de Galicia», que foi alforxa onde atopou a maioría dos seus dardos literarios.


Penso que con esta mostra axudamos a difundir un trazo pouco atendido da obra deste autor, que é a súa internacionalización. E facémolo desde Galicia, como un contributo á súa raizame galaica e como un adianto das conmemoracións que, sen dúbida, centrarán dentro de pouco tempo o cento cincuenta aniversario do seu nacemento Podes descargar o catálogo desta exposición na nosa mediateca

LUGAR

LUGAR
Residencia de Estudiantes
Pinar, 21
28006 Madrid

Ficha técnica 
Exposición.
Valle-Inclán traducido
Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)
Cando
Na Residencia de Estudiantes de Madrid (Madrid), do 4 de decembro ao 8 de marzo de 2015
Onde
Madrid
Enderezo

LUGAR
Residencia de Estudiantes
Pinar, 21
28006 Madrid

Comisariado
Rosario Mascato Rey
Preside
Ramón Villares
Relator/a
Darío Villanueva
Organiza
Consello da Cultura Galega
Universidade de Santiago de Compostela