consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


100 anos de memoria: Sofía Casanova, reporteira de guerra
xornada | 15 e 16 de decembro de 2014
Información

No centenario da I Guerra Mundial, tamén chamada "la Grande Guerre", cómpre, ademais de situar os feitos, os acontecementos e a memoria, identificar e visibilizar as persoas que tiveron un papel relevante na transmisión de información nese momento. Este é o caso de Sofía Casanova (A Coruña, 1861  Poznan, 1958), reporteira na fronte oriental (Rusia, Polonia, etc.), que realizou as crónicas que permitiron ao xornal ABC dar información periódica, veraz e documentada sobre a contenda. Esta muller, pioneira no seu traballo xornalístico, forma parte desas primeiras reporteiras esquecidas e invisibilizadas que están preto dos campos de batalla para elaborar un traballo que implica importantes dificultades.


O documental-ficción A maleta de Sofía, dirixido por Marcos Gallego, aborda a inmensa tarefa vital, profesional, familiar e literaria dunha destas mulleres: Sofía Casanova. A complexidade das súas ideas e posicionamentos na súa vida, o seu inmenso mundo de relacións e tertulias, en Madrid, Polonia e na Galiza. Son máis de noventa anos de vida, amosados neste filme, cunha inmensa riqueza de visións e opinións. Os tempos que Sofía viviu foron tempos mudábeis, de catástrofes e de novos proxectos. O documental vai pasando por todos eles, situando a Sofía Casanova no seu percorrer vital, profesional, persoal e cunha calidade de contidos e de imaxe que fan da súa visión un repaso pola Europa convulsa do século XX. Unha viaxe iniciática, sempre na compaña da maleta.


Coa proxección de A maleta de Sofía e debate propostos nesta xornada, o Consello da Cultura Galega, a través da súa Comisión de Igualdade, quere contribuír á difusión e re-coñecemento da vida e obra desta importante xornalista.


100 anos de memoria: Sofía Casanova, reporteira de guerra
Data de celebración: 2014-12-16 17:00:00

Presentación 
Encarna Otero Cepeda 

Mesa redonda 
María Filipowicz-Rudek 
Marcos Gallego 
Marta Pérez Pereiro


Ficha técnica
Coordinación
» Encarna Otero
Participante
» María Filipowicz-Rudek
» Marcos Gallego
» Rosario Martínez Martínez
» Marta Pérez Pereiro
Presenta
» Narciso de Gabriel
» Encarna Otero
Organiza
» Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
» Comisión de Igualdade (CCG)
» Consello da Cultura Galega
Participantes
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Centro Galego de Artes da Imaxe
Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Tel. 881 881 260
cgai@xunta.es
www.cgai.org


Consello da Cultura Galega  
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel. 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.gal
www.consellodacultura.gal