consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Isabel Burdiel no ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)
ciclo | Mércores, 25 de febreiro de 2015 ás 17:00
Información

O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) é un seminario interdisciplinar sobre os significados da cultura no tempo presente que o Consello da Cultura Galega vén organizando dende 2007. Este seminario, coordinado polo profesor Ramón Máiz, ten como obxectivo abordar os debates e investigacións mais recentes sobre as plurais nocións e prácticas da Cultura en ámbitos tan diversos como a Filosofía, a Antropoloxía, a Arte, a xestión cultural, os estudos culturais, as políticas do multiculturalismo etc. O ciclo contou xa con intervencións de pensadores como Slavoj Zizek, Félix Duque, Alberto Ruiz de Samaniego, Darío Villanueva, Héctor Díaz de Polanco, Josep Ramoneda, Ernesto Laclau, Fernando Castro Flórez, Anne-Marie Thiesse, José Luis Villacañas, Anne Phillips, José Manuel Sánchez Ron, Rafael Argullol, William Shea, Donatella della Porta, Bartolomé Clavero, Lisa Wedeen, Anthony Pagden, Jorge Riechmann, Victoria Camps, Patrizia Violi, Carmen Pena ou Joep Leerssen.


A vindeira sesión do ciclo O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) con Isabel Burdiel, Catedrática de Historia Contemporánea da Universidad de Valencia, terá lugar o mércores, 25 de febreiro de 2015, ás 17:00 horas baixo o título "Historia, Literatura, Biografía".


Autora de numerosa bibliografía, é especialista en historia política e cultural do liberalismo europeo do século XIX, con especial interese nas relacións entre historia e literatura e nas posibilidades da historia biográfica. Premio Nacional de Historia pola súa biografía sobre Isabel II, actualmente está a traballar nunha biografía sobre Emilia Pardo Bazán e dirixe a Rede Europea sobre Teoría e Practica da Biografía / European Network on Theory and Practice of Biography (RETPB/ENTPB): http://www.valencia.edu/retpb/


Selección de libros e edicións críticas: La política de los notables, Valencia, Alfonso el Magnánimo, 1987; Mary Wollstonecraft. Vindicación de los derechos de la mujer, Madrid, Cátedra, 1994. Edición e estudo crítico; Mary Shelley. Frankenstein, o el moderno Prometeo, Madrid, Cátedra, 1996. Edición e estudo crítico; Liberales, agitadores y conspiradores. Biografías heterodoxas del siglo XIX español, Madrid, Espasa, 2000. Edición con Manuel Pérez Ledesma e “La Dama de Blanco: Notas sobre la biografía histórica”; pp. 17-43; Liberales Eminentes, Madrid, Marcial Pons, 2008. Edición con Manuel Pérez Ledesma e “Salustiano de Olózaga: La res más brava del progresismo”; pp. 77-124; Isabel II. Una biografía, Madrid, Taurus, 2010; España. La construcción nacional, Madrid, Taurus, 2012. Edición e “Las claves del período”; pp. 11-54; Los Borbones en pelota. Zaragoza, Institución Fernando el Católico, 2012. Edición e estudo crítico; Los retos de la biografía, Ayer 93, 2014. Edición e “Historia política y biografía: más allá de las fronteras”: pp. 47-83. 


Nesta páxina pode acceder ao texto íntegro da súa intervención.


Lembre que só podemos garantir a distribución de material divulgativo ás persoas inscritas na actividade.


Historia, Literatura, Biografía.
Data de celebración: 2015-02-25 17:00:00






 Isabel Burdiel, Catedrática de Historia Contemporánea da Universidad de Valencia


Debate
Data de celebración: 2015-02-25 18:00:00

Ramón Máiz Ramón Villares Isabel Burdiel


 Isabel Burdiel, Catedrática de Historia Contemporánea da Universidad de Valencia


Hemeroteca
18-02-2015
Isabel Burdiel abre a nova temporada do ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) cunha conferencia sobre as relacións entre historia e literatura na biografía
Ficha técnica
Coordinación
» Ramón Máiz Suárez
Relator/a
» Isabel Burdiel
Organiza
» Consello da Cultura Galega
» Sección de Pensamento e Sociedade (CCG)
Participantes
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205