consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Os curricula escolares nos novos plans de estudo: música e artes escénicas
xornada | Mércores, 25 de marzo de 2015
Información

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (modificada recentemente pola LOMCE), establece no seu artigo 47 que as administracións educativas facilitarán a posibilidade de cursar simultaneamente as ensinanzas artísticas profesionais e a educación secundaria, e que para tal fin se poderán adoptar as oportunas medidas de organización e de ordenación académica, que incluirán, entre outras, as validacións e a creación de centros integrados.


A posta en marcha dos novos plans da ESO e do Bacharelato no próximo curso 2015-2016, segundo o calendario de implantación da LOMCE, aconsellan establecer procedementos que favorezan unha concepción integradora do sistema educativo das ensinanzas de réxime xeral coas ensinanzas de réxime especial de música e de danza, sempre co obxecto de favorecer a simultaneidade de ambos os estudos para paliar os efectos que pode producir a sobrecarga lectiva dos estudantes que optan polos estudos de música e de danza.


A Sección de Música e Artes Escénicas, consciente da importancia do asunto, xa levara a cabo en 1999 unha xornada baixo o título de “O centro integrado de música”. As cuestións que agora se expoñen transcenden a dimensión do centro integrado cara a ter un punto de reflexión e proposta de accións diante dunha cuestión de máxima actualidade, sempre á vista do tratamento que se propón por parte das administracións educativas das ensinanzas artísticas no sistema educativo. 


Inauguración
Data de celebración: 2015-03-25 10:00:00


Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega 
Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas 
Rodrigo Porral, Sección de Música e Artes Escénicas

 


A música como material e vehículo educativo
Data de celebración: 2015-03-25 10:30:00


Víctor Pliego de Andrés, doutor en Filosofía e Ciencias da Educación e catedrático do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid 
Presenta: Juan Durán


O estudo da danza: integración e especialización
Data de celebración: 2015-03-25 12:00:00

Elna Matamoros, Master of Arts (Dance Education). Maître de Ballet na Compañía Nacional de Danza 
Presenta: Eva Faraldo


Ensinanzas de artes escénicas no Estado Español: escolas integradas de secundaria e Educación Superior no marco da LOMCE
Data de celebración: 2015-03-25 13:00:00

Mercè Saumell, directora de Servizos Culturais do Institut del Teatre de Barcelona 
Presenta: Inma López Silva


A integración das ensinanzas artísticas coas ensinanzas de réxime xeral: cara a un novo modelo de especialización curricular artística
Data de celebración: 2015-03-25 16:30:00

Francisco Luis Lemes Castellano, responsable do Servizo de Ensinanzas Artísticas do Goberno de Canarias 
Presenta: Juan Durán


Mesa redonda
Data de celebración: 2015-03-25 17:30:00


Víctor Pliego de Andrés, Elna Matamoros, Mercè Saumell e Francisco Luis Lemes Castellano 
Presenta e modera: Luís Costa


Hemeroteca
24-03-2015
O Consello da Cultura analiza mañá como lle afectan ao ensino artístico os novos plans de estudo
17-03-2015
Unha xornada do Consello da Cultura analizará fórmulas que faciliten os estudos artísticos no bacharelato e na ESO
Ficha técnica
Coordinación
» Juan Durán
» Eva Faraldo
» Inmaculada López Silva
Inauguración
» Rodrigo Porral
» Ramón Villares
» Maximino Zumalave Caneda
Modera
» Luís Costa Vázquez-Mariño
Presenta
» Juan Durán
» Eva Faraldo
» Inmaculada López Silva
Relator/a
» Francisco Luis Lemes Castellano
» Elna Matamoros
» Víctor Pliego de Andrés
» Mercè Saumell
Organiza
» Consello da Cultura Galega
Participantes
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205