consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Luis Moreno Fernández no ciclo: O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)
ciclo | Mércores, 29 de abril de 2015 ás 17:00
Información

Luis Moreno Fernández, profesor de investigación do Instituto de Políticas e Bens Públicos do CSIC, participará nunha nova sesión do ciclo Os Sentidos das Culturas que terá lugar o mércores, 29 de abril de 2015, ás 17:00 horas baixo o título “Individualismo posesivo e Europa asocial”.


Luis Moreno Fernández é doutor en Ciencias Sociais pola Universidade de Edimburgo. Foi membro fundador do Instituto de Estudios Sociales Avanzados, precursor da Unidade de Políticas Comparadas e do actual Instituto de Políticas y Bienes Públicos. Honorary Fellow da Universidade de Edimburgo, foi docente e investigador en diversas universidades europeas e norteamericanas, e Jean Monnet Senior Fellow no Instituto Universitario Europeo de Florencia.


Como sociólogo político concentrou as súas investigacións desde una perspectiva comparada en dous grandes campos de estudo: (a) as transformacións da política social e o Estado do Benestar; e (b) a dimensión territorial do poder e a política. Os seus traballos científicos incidiron nos ámbitos das institucións e políticas sociais, a cidadanía, a descentralización, a Europeización, o federalismo, a gobernanza multinivel, as identidades colectivas, o Modelo Social Europeo e os nacionalismos.


É autor de máis de vinte libros e de cen artigos e capítulos científicos. Entre as súas últimas publicacións cabe destacar: Diversity and Unity in Federal Countries (con C. Colino; Montreal & Kingston/Londres/Ithaca: McGill-Queen’s University Press); Reformas de las Políticas del Bienestar en España (Madrid: Siglo XXI, 2009); Nacionalismo y Democracia. Dicotomías, Complementariedades y Oposiciones (con A. Lecours; Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 2009). Director da colección de libros Politeya (CSIC), codirector da Revista Internacional de Sociología e membro de comités editoriais das revistas, Revista Internacional de Organizaciones, Nationalism and Ethnic Politics, Revista Ser Social. É tamén membro dos comités científicos e asesores de Revista Española del Tercer Sector e Revista Española de Sociología.


Impulsou a Red Española de Política Social (REPS) que está integrada na Red Europea para el Análisis de la Política Social (ESPAnet).


Individualismo posesivo e Europa asocial
Data de celebración: 2015-04-29 17:00:00

Luis Moreno Fernández, profesor de investigación do Instituto de Políticas e Bens Públicos do CSIC


Ficha técnica
Coordinación
» Ramón Máiz Suárez
Relator/a
» Luis Moreno
Organiza
» Consello da Cultura Galega
» Sección de Pensamento e Sociedade (CCG)
Participantes
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205