consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)
exposición | No Instituto Cervantes de Lisboa (Portugal), do 11 de maio ao 26 de xuño de 2015
Información

Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido [1906-1936] é un proxecto expositivo pero tamén un balance do «estado da arte» dos estudos valleinclanianos, feito por estudosos actuais da súa obra. Mostra e catálogo permitirán, pois, ver con outros ollos a figura de Valle-Inclán. Así como os nosos grandes devanceiros inflúen en nós, tamén a nosa ollada, segundo un coñecido ensaio de T. S. Eliot, pode mudar a propia imaxe dos que nos precederon. E este é un caso ben acaído para entender a complexidade dun autor como Valle-Inclán, tan intemporal como sometido ao imperio da súa época e, neste caso, da «materia de Galicia», que foi alforxa onde atopou a maioría dos seus dardos literarios.


Penso que con esta mostra axudamos a difundir un trazo pouco atendido da obra deste autor, que é a súa internacionalización. E facémolo desde Galicia, como un contributo á súa raizame galaica e como un adianto das conmemoracións que, sen dúbida, centrarán dentro de pouco tempo o cento cincuenta aniversario do seu nacemento.


Esta exposición é o colofón un seminario que se organizou no Consello da Cultura Galega e do que pode ter aquí toda a información


Ficha técnica
Ámbito
» Comisión de Acción Exterior (CCG)
Organiza
» Consello da Cultura Galega
» Universidade de Santiago de Compostela
Lugar de celebración

LUGAR
Instituto Cervantes de Lisboa
Sta Marta, 43 F
1169-119 Lisboa
Portugal