consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Rolda de prensa: Presentación do Concerto das Letras Galegas
actividade institucional | Pontevedra, xoves 14 de maio de 2015 ás 12:30
Información

O Consello da Cultura Galega e Afundación acollen o xoves 14 de maio ás 12:30 horas a presentación da quinta edición do Concerto das Letras Galegas, iniciativa que xunta música, poesía e palabra arredor da figura de Xosé Filgueira Valverde (1906-1996), homenaxeado no Día das Letras Galegas.


Na presentación detallaranse os contidos e intérpretes do programa desta edición, que inclúe a estrea dunha obra de Xavier de Paz (A Coruña, 1963) sobre textos de Xosé Filgueira Valverde. O concerto correrá a cargo da Real Filharmonía de Galicia coa participación da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, baixo a dirección de Maximino Zumalave.


Asistirán: Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG); Pedro Otero Espinar, director xerente de Afundación e Fernando Filgueira, presidente da Fundación Filgueira Valverde.


 


Presentación do Concerto das Letras Galegas
Data de celebración: 2015-05-14 12:30:00








Ficha técnica
Presenta
» Fernando Filgueira Iglesias
» Pedro Otero
» Ramón Villares
Colabora
Organiza
» Consello da Cultura Galega
Participantes
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Auditorio Sede Afundación
Rúa Augusto González Besada, 2
36001 Pontevedra
Pontevedra