O ensino da literatura a debate. Os currícula escolares nos novos plans de estudos

Xornada.

O ensino da literatura a debate. Os currícula escolares nos novos plans de estudos

Xoves, 2 de xullo de 2015
Santiago de Compostela
Xornada

O ensino da literatura a debate. Os currícula escolares nos novos plans de estudos

Xoves, 2 de xullo de 2015 Santiago de Compostela

Esta xornada pretende facer balance do lugar que vén ocupando a literatura nos curricula escolares e reflexionar sobre o seu ensino no marco das materias de humanidades, prestando unha atención especial ao caso galego. Para isto concebiuse como un foro de debate entre os sectores implicados e interesados no ensino da literatura (a administración, o profesorado, as editoras, etc.) en todos os niveis do sistema educativo, especialmente nos obrigatorios.


O momento presente, en que se está a redeseñar o curriculum educativo, no marco da LOMCE, permite tanto valorar os resultados do actual modelo como, a partir deles, facer propostas de futuro.


As posibilidades da cultura dixital no ensino da literatura en todos os niveis, a literatura como elemento transversal no ensino, a formación lectora, as industrias culturais son algúns dos asuntos que centrarán o debate destas sesións abertas á participación do público interesado.


Esta xornada contou co recoñecemento como actividade de formación permanente do profesorado en Galicia pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta no sitio web www.consellodacultura.gal
O número de prazas é limitado (100 persoas).
O 70% das prazas ofreceranse a profesorado de primaria, secundaria e bacharelato de centros sostidos con fondos públicos da Xunta de Galicia.
O restante 30% é de libre acceso.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir á totalidade das sesións

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Xornada.
O ensino da literatura a debate. Os currícula escolares nos novos plans de estudos
Cando
Xoves, 2 de xullo de 2015
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Coordinación
Teresa López Fernández
Dolores Vilavedra
Modera
Mariló Candedo
Participante
Noemí Álvarez Villar
Laura Borrás
Francisco Castro Veloso
Concha Costas
Paco Díaz Rey
Isabel Fernández López
Sven Huber
Xosé Manuel Moo
José Rovira Collado
María Yáñez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)