consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí
exposición | No Espacio Virrey Liniers (Arxentina), do 9 de agosto ao 9 de setembro de 2012
Información

A Fundación Barrié de la Maza, o Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Medios amosan a exposición Os Adeuses. Fotografías de Alberto Martí, organizada polo Consello da Cultura Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).


A mostra componse de 73 fotografías en branco e negro que reflicten o éxodo galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo.


A exposición distribúese en tres áreas (A Ida, A Volta, e o Buque Santa María) con imaxes protagonizadas por xente anónima e polas súas experiencias arredor do embarque ou desembarque dos buques que os levaban cara a América.



Ficha técnica
Colabora
» Fundación Barrié de la Maza
Organiza
» Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
» Consello da Cultura Galega
Lugar de celebración

LUGAR
Espacio Virrey Liniers
República Bolivariana de Venezuela, 459
Bos Aires
Arxentina