consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración
exposición | No Centro Galego de Vitoria (Araba), do 12 de xuño ao 18 de xuño de 2013
Información

A exposición itinerante Nós mesmos, o asociacionismo galego na emigración, está organizada polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega, e en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.


A exposición resume máis dun século de historia do asociacionismo galego na emigración, que cristalizou nos primeiros anos do século XX, particularmente en Arxentina e Cuba.


“A experiencia compartida da emigración é a pedra fundante do edificio do asociacionismo. E éste é o motivo central desta exposición temática, dedicada a rastrear a particular historia da identificación e afirmación das colectividades galegas no exterior. Que o seu título sexa “Nos mesmos”, alén dun vago aceno irlandés, indica ben ás claras que o que se pretende subliñar é xustamente, esta capacidade da emigración galega para autoorganizarse nos seus lugares de destino”, afirma Ramón Villares Presidente do Consello da Cultura Galega.



Ficha técnica
Colabora
» Secretaría Xeral de Emigración
Organiza
» Arquivo da Emigración Galega (CCG)
» Consello da Cultura Galega
Lugar de celebración

LUGAR
Centro Galego de Vitoria
R/ Gernikako Arbola, 11
01010 Vitoria-Gasteiz
Araba