consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos
exposición | Ribadavia (Ourense), do 15 de setembro ao 30 de outubro de 2002
Información
No ano 2000 o concello de Cuenca de Campos, situado no corazón da cerealística Castela, levou adiante unha iniciativa loable: presentar unha exposición sobre o tema de Galicia e a sega en Castela, tratando así de evocar unha moi vella relación entre as dúas terras, relación que se prolongou ó longo da Idade Moderna e boa parte da Contemporánea ata desaparecer a partir dos anos sesenta do pasado século XX. Membros da Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega, xunto co xerente, D. Antonio Montero Carro, efectuaron visitas a esta mostra coa finalidade de estudia-la elaboración dunha versión galega dela. Razóns como a necesidade de utilizar diversos espacios en Galicia para a súa exhibición, así como adapta-lo discurso xeral a unha perspectiva galega, trouxo como consecuencia a elaboración dunha nova mostra, que é a que se presenta, en fructífera colaboración co Museo Etnolóxico de Ribadavia, dependente da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia.

Ficha técnica
Ámbito
» Comisión de Acción Exterior (CCG)
Lugar de celebración
Museo Etnolóxico do Ribeiro