consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


XVII Encontros para a Normalización Lingüística
encontro | 15 e 16 de outubro de 2015
Información

Os Encontros para a Normalización Lingüística de 2015, fieis á motivación inicial e ao rumbo seguido na súa xa longa tradición, van centrar a súa XVII edición nos debates actuais e nos dilemas que presenta a situación sociolingüística do galego.


Por iso terán un papel central os distintos traballos de pesquisa e análises de datos que se están desenvolvendo arredor da mocidade e os seus comportamentos lingüísticos, na medida en que son produto dunha situación ambiental, unhas determinadas políticas educativas ou mesmo a autopercepción da xente máis nova. Coñecer os aspectos que determinan os seus usos e actitudes debera permitirnos definir as áreas prioritarias para crear contidos demandados por eles e deseñar estratexias acordes co obxectivo normalizador. A presentación anterior serve de marco a outra liña que ten continuidade e que precisa unha profunda reflexión: a da transmisión e reprodución lingüísticas. Achegarémonos a ela tanto desde a presentación de investigacións relacionadas con este tema coma mediante a mostra de iniciativas, públicas e privadas, orientadas á intervención na asunción e a transmisión do galego.


A presentación e intercambio de experiencias teñen un lugar destacado nesta XVII edición. En terceiro lugar, ocuparémonos da política e a planificación lingüísticas de ámbito local. A capacidade de intervención da administración local, co foco posto na implicación das deputacións provinciais, alternarase coa presentación de experiencias cooperativas dos SNL e os ENDL, incidindo especialmente nos beneficios da coordinación e a acción conxunta para a optimización dos recursos para o fomento da lingua. Por outro lado, e seguindo o espírito inicial de crearmos un espazo de comunicación, contraste, reflexión e debate sobre asuntos ao redor da situación da lingua, nesta edición dos Encontros imos afondar e estender este carácter de participación de todas as persoas e colectivos implicados na normalización do idioma creando un novo espazo de comunicación en Facebook. Así, as persoas inscritas poderán formar parte desta iniciativa a través de 4 grupos na rede social Facebook que permitirán a intervención, discusión e introdución de temas por parte de persoas que teñen coñecemento, inquedanza e un mesmo desexo: traballar con acerto na normalización do noso idioma. Na resposta de confirmación da inscrición aos Encontros facilitarase a información dos grupos.


PRAZAS ESGOTADAS
Debido á alta demanda de solicitudes recibidas, xa non hai prazas vacantes dispoñibles para asistir a estas xornadas. Se se producen baixas entre as persoas xa confirmadas seguirase estritamente a orde de entrada de solicitudes. De ter interese, vostede podería cubrir a súa solicitude no formulario do sitio web e, se ficase libre algunha vacante, recibiría un correo de confirmación no seu correo electrónico, tal e como é procedemento habitual. Do mesmo xeito, se vostede ten confirmada a súa inscrición e non vai poder asistir, agradecémoslle que o comunique para poder dispoñer da súa praza. 


XVII Encontros para a normalización lingüística
Data de celebración: 2015-10-15 00:00:00













Inauguración
Data de celebración: 2015-10-15 16:00:00

O comportamento lingüístico da mocidade galega
Data de celebración: 2015-10-15 16:15:00



María Rosario Álvarez Håkan Olof Roi Casares Valentín García Ramón Villares Xaquín Loredo

Estudo e análise da situación 
Xaquín Loredo Gutiérrez, Seminario de Sociolingüística. Real Academia Galega 
Primeiros avances do inquérito sobre o comportamento lingüístico da mocidade galega 
Håkan Casares Berg, Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega


A colaboración necesaria para avanzar na normalización
Data de celebración: 2015-10-15 16:20:00



Carlos Amoedo Valentina Formoso Socorro García Marta Souto

Sesión de relatorios
Coordinadora: Valentina Formoso
Explicación do modelo de xestión e colaboración entre concellos no proxecto Apego e no Club de Debate 
Socorro G. Conde, técnica de normalización lingüística do Concello de Santiago 
A normalización do galego no SUG: estratexias e resultados 
Carlos Amoedo, secretario xeral da UDC 
Experiencia/necesidade de colaboración entre SNL e ENDL 
Marta Souto, técnica de normalización lingüística do Concello de Vigo


O Papel das administracións locais no proceso de normalización
Data de celebración: 2015-10-16 10:00:00



Xaime Subiela

A promoción do galego desde o ámbito supramunicipal. Unha proposta 
Xaime Subiela 
Implicación das administracións locais: as deputacións provinciais 
Representantes das catro deputacións


Resistencia desde abaixo. O papel das micropolíticas lingüísticas nas familias galegas
Data de celebración: 2015-10-16 12:00:00

Anik Nandi

Anik Nandi, candidato de doutoramento, Heriot-Watt University, Edimburgo, Reino Unido. Colaborador externo no Instituto da Lingua Galega, USC


Relato, aproveitamento e conclusións dos encontros 2015 a tavés da rede
Data de celebración: 2015-10-16 16:00:00

Manuel Bermúdez Rosa Moreiras Manuel Núñez David Cobas Xusto Rodríguez

Coordinador: Manuel Bermúdez
David Cobas, traballador da Normalización e formador 
Rosa Moreiras Cuñarro, Servizo de Normalización Lingüística, Concello de Ames 
Manuel Núñez Singala, Servizo de Normalización Lingüística, USC 
Xusto Rodríguez, Servizo de Normalización Lingüística, USC. Área de Terminoloxía


Infancia, cultura e lecer
Data de celebración: 2015-10-16 17:00:00

Concepción Cochón Brais Fernández Paz Castro Beatriz Corral

Sesión de relatorios
Coordinadora: Conchi Cochón
Campañas de animación á lectura de Kalandraka 
Editorial Kalandraka, Paz Castro 
O galego campa! 
Secretaría Xeral de Política Lingüística / Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, Beatriz Corral e Brais Fernández 
Fantoches Baj 
Inacio Vilariño


Campañas en busca de afecto: o que a publicidade e as redes poden facer polo galego
Data de celebración: 2015-10-16 19:00:00

Benigno Fernández María Isabel Míguez Xosé Manuel Baamonde Olalla Rodil

Sesión de relatorios
Coordina: Benigno Fernández Salgado, Facultade de Publicidade, UVigo
Campañas institucionais a prol do galego 
María Isabel Míguez González, profesora de Relacións Públicas e Dirección de Comunicación, UVigo 
As campañas de comunicación desenvolvidas dende a sociedade a prol do galego 
Xosé Manuel Baamonde Silva, profesor do Grao de Publicidade e Relacións Públicas, UVigo Política lingüística e publicidade institucional 
Olalla Rodil Fernández, redactora de Sermos Galiza