consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Arte + Coleccionismo
xornada | 4 e 5 de novembro de 2015
Información

O coleccionismo de arte público ou privado é, sen dúbida, unha das pezas fundamentais na estrutura do sistema artístico actual dentro das complexas relacións entre arte e mercado. Faise necesario reflexionar sobre esta actividade nun momento socioeconómico complexo. Un eido marcado por unha fiscalidade adversa, polas reducións orzamentais e por unha ausencia de lexislación reguladora do mecenado, obriga a un debate sobre o coleccionismo, un dos piares da sempre complexa trama da arte contemporánea.


As xornadas ARTE + COLECCIONISMO pretenden analizar a actividade coleccionista das últimas décadas dentro e fóra de Galicia, a través das achegas e experiencias de diferentes profesionais que desenvolven o seu traballo en coleccións privadas e públicas. As súas contribucións axudarán a enriquecer unha reflexión necesaria sobre a situación actual e os parámetros que se poidan abrir cara a novos horizontes.


Trátase, en definitiva, de reflexionar sobre o presente e o futuro do coleccionismo de arte no século XXI, intentando responder, entre outras, ás seguintes cuestións: Como se traballa neste sector respecto ás últimas décadas? Como afecta a crise ao coleccionismo? Cal pode ser o seu futuro? 


Inauguración
Data de celebración: 2015-11-04 10:00:00

Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e María Luísa Sobrino Manzanares, coordinadora da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega inauguran a xornada


O coleccionismo en España: situación e perspectivas
Data de celebración: 2015-11-04 11:00:00

Conferencia 
Mercedes Basso, directora xeral da Fundación Arte y Mecenazgo (Barcelona) 
Presenta: María Luísa Sobrino Manzanares
Conferencia 
Jose Mª Luna, director de equipamentos museísticos e culturais do Concello de Málaga 
Presenta: Rosario Sarmiento Escalona, xestora cultural e experta en coleccionismo. Ex-directora da Colección de Arte CaixaGalicia
Debate 
Mercedes Basso e Jose Mª Luna 
Modera: Rosario Sarmiento Escalona


Coleccións institucionais públicas e privadas
Data de celebración: 2015-11-04 16:30:00

Coleccionismo: ¿por amor á arte? 
Evelio Acevedo, director xerente do Museo Thyssen (Madrid) 
Presenta: María Luísa Sobrino Manzanares


Coleccionismo público, coleccionismo privado
Data de celebración: 2015-11-04 17:30:00

SESIÓN DE RELATORIOS 
Modera: Rosario Sarmiento Escalona
Alfonso de la Torre, conservador Colección Circa XX e experto en coleccionismo
Enrique Moral Sandoval, director da Fundación AENA (Madrid) 
Cristina Fontaneda, directora do Museo Patio Herreriano (Valladolid)
Debate 
Evelio Acevedo, Alfonso de la Torre, Enrique Moral Sandoval e Cristina Fontaneda


A paixón de coleccionar
Data de celebración: 2015-11-05 10:30:00

Entre o material e o inmaterial: coleccionismo e coñecemento 
Gabriel Pérez-Barreiro, director e comisario xefe da Colección Patricia Phelps de Cisneros 
Presenta: María Luísa Sobrino Manzanares

 


A paixón de coleccionar (II)
Data de celebración: 2015-11-05 12:00:00

Conferencia 
Pilar Citoler, coleccionista. Colección Circa XX, Premios Coleccionismo ARCO 2005 e Fundación Arte y Mecenazgo 2014 
Presenta: Rosario Sarmiento Escalona
Debate 
Gabriel Pérez-Barreiro e Pilar Citoler 
Modera: María Luísa Sobrino Manzanares


O mercado da arte
Data de celebración: 2015-11-05 16:30:00

Conferencia 
Carlos Urroz, director de ARCOmadrid 
Presenta: Natalia Poncela López, crítica de arte e comisaria de exposicións. Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega


Coleccións e coleccionistas
Data de celebración: 2015-11-05 17:30:00

SESIÓN DE RELATORIOS
Modera: Natalia Poncela López
José Blanco, coleccionista (Santiago de Compostela)
Rosario Sarmiento Escalona, xestora cultural e experta en coleccionismo. Ex-directora da Colección de Arte CaixaGalicia
Guillermo de Osma, galerista (Madrid)
Debate
Carlos Urroz, José Blanco, Rosario Sarmiento Escalona e Guillermo de Osma