consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Gala do libro galego
presentación | Venres, 20 de novembro de 2015 ás 11:30
Información

A Asociación de Escritores e Escritoras en Língua Galega (AELG) a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia convocan unha rolda de prensa para presentar a Gala do Libro Galego 2016.


Esta Gala representa un acordo histórico no sector literario galego ao confluír desde agora nuns únicos galardóns os premios anteriormente convocados de forma separada por cada unha das tres organizacións. Participarán no acto as seguintes persoas.


- AELG. Asociación de Escritores e Escritoras en Língua Galega Cesáreo Sánchez, presidente e Mercedes Queixas, Secretaria Xeral
- AGE. Asociación Galega de Editoras Laura Rodríguez Herrera, presidenta e Xosé Manuel Aldea, vicepresidente
- Federación de Librarías de Galicia Pilar Rodríguez Álvarez, presidenta e Xosé Antón Pedreira, Vicepresidente.


Os premios que se outorgarán na Gala do Libro Galego 2016 pretenden recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2015 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, serán falladas polos membros das tres organizacións convocantes.


Gala do libro galego
Data de celebración: 2015-11-20 11:30:00


Ficha técnica
Presenta
» Manuel Aldea
» Xosé Antón Pedreira Mirás
» Mercedes Queixas
» Pilar Rodríguez Álvarez
» Laura Rodríguez Herrera
» Cesáreo Sánchez Iglesias
Participantes
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi,  2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15075 Santiago de Compostela