consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)
exposición | A Pobra do Caramiñal (A Coruña), do 8 de xaneiro ao 9 de febreiro de 2016 (ampliada ata o 28 de febreiro)
Información

Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido [1906-1936] é un proxecto expositivo pero tamén un balance do «estado da arte» dos estudos valleinclanianos, feito por estudosos actuais da súa obra. Mostra e catálogo permiten ver con outros ollos a figura de Valle-Inclán. Así como os nosos grandes devanceiros inflúen en nós, tamén a nosa ollada, segundo un coñecido ensaio de T. S. Eliot, pode mudar a propia imaxe dos que nos precederon. E este é un caso ben acaído para entender a complexidade dun autor como Valle-Inclán, tan intemporal como sometido ao imperio da súa época e, neste caso, da «materia de Galicia», que foi alforxa onde atopou a maioría dos seus dardos literarios.


Esta mostra axuda a difundir un trazo pouco atendido da obra deste autor, que é a súa internacionalización. Xurdiu como colofón a un seminario que se organizou no Consello da Cultura Galega e do que pode ter aquí toda a información.


Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Rosario Mascato, comisaria da exposición e Xosé Lois Piñeiro estarán presentes na inauguración desta mostra na Pobra do Caramiñal.


 


 



Hemeroteca
08-01-2016
A mostra sobre a repercusión internacional de Valle–Inclán chega á Pobra cando se cumpren 150 anos do seu nacemento
Ficha técnica
Inauguración
» Rosario Mascato Rey
» Xosé Lois Piñeiro
» Ramón Villares
Ámbito
» Comisión de Acción Exterior (CCG)
Organiza
» Consello da Cultura Galega
Lugar de celebración

LUGAR
Museo Valle-Inclán
Rúa Torre Bermúdez, s/n
15940 A Pobra do Caramiñal
A Coruña