consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Desafíos para a Cultura Galega no escenario interactivo da sociedade en rede
xornada | Mércores, 24 de febreiro de 2016
Información

O impacto de Internet nos procesos socioculturais nos últimos vinte anos sitúa a todas as culturas diante de novos desafíos para estar no mundo con voz propia. Unha sociedade enredada esixe de todos os actores que interveñen no mundo cultural estratexias multiplataformas e multidispositivos para que a cidadanía, agora con conectividade en todo momento e en case todos os lugares, dispoña de produtos culturais que respondan ás súas necesidades e ás súas demandas en calquera momento das súas vidas.


Galicia deu pasos para que a súa cultura forme parte da sociedade en rede, pero non por iso ten cumpridos todos os retos. Os novos tempos da segunda década do terceiro milenio demandan respostas renovadas para conquistar o futuro no ecosistema dixital. Os actores socias teñen que entender ben as novas dinámicas de socialización que inciden nos usos e consumos de produtos culturais se queren que as súas iniciativas resulten sostibles e acaden os obxectivos propostos.


As tecnoloxías actuais non só aumentan a velocidade de transferencia de información e de manifestacións culturais senón que dotan a cidadanía de participación e intervención nos procesos de forma activa. Neste mundo que vivimos agora, onde o tempo e a distancia mudaron o seu papel referencial, as e os usuarios comunícanse, comparten información e realizan traballos colaborativos en tempo real. O emprego dos recursos dispoñibles convértese nunha necesidade de aproveitar todas as oportunidades para que as nosas manifestacións culturais interactúen e contribúan a xerar coñecemento.


O Consello da Cultura Galega, que segue e analiza de forma periódica o impacto que a tecnoloxía está tendo na cultura galega, organiza esta actividade como un paso máis na programación da súa xornada anual para reflexionar arredor da situación en que nos atopamos e que pasos podemos dar para conseguir que as iniciativas dos nosos actores culturais teñan maior incidencia social e consigan unha maior eficiencia.


Infórmase ás persoas inscritas que, debido ao alto número de solicitudes de inscrición recibidas, e pola capacidade limitada do Salón de Actos, vaise habilitar na Biblioteca do Consello da Cultura Galega un espazo para poder seguir, vía streaming, as xornadas. Deste xeito, as persoas inscritas que asistan poderán seguir o desenvolvemento das xornadas no Salón de Actos, até que se complete a súa capacidade, ou na Biblioteca.


 


Inauguración
Data de celebración: 2016-02-24 09:30:00


Tempo, espazo e comunicación cultural na sociedade dixital
Data de celebración: 2016-02-24 10:00:00

Juan Antonio García

Juan Antonio García Galindo. Universidad de Málaga


Medios e linguaxes para comunicarse eficazmente na internet das cousas
Data de celebración: 2016-02-24 11:00:00

Ramón Salaverría

Ramón Salaverría. Universidad de Navarra


Encontrar historias nas entrañas dos ficheiros dixitais. Oportunidades para comunicar cultura
Data de celebración: 2016-02-24 12:30:00

Carlos Elías

Carlos Elías. Universidad Carlos III de Madrid


Debate
Data de celebración: 2016-02-24 13:30:00

Aprendendo a situar a identidade propia no novo escenario cultural da sociedade glocal
Data de celebración: 2016-02-24 16:30:00

Rosa Franquet

Rosa Franquet. Universitat Autònoma de Barcelona


Creación de contidos, diversidade e identidade para estar no mundo con voz propia
Data de celebración: 2016-02-24 17:30:00

Mario Tascón

Mario Tascón. Experto en redes sociais e consultor


Debate
Data de celebración: 2016-02-24 18:30:00

Rosa Franquet Manuel Gago Mario Tascón