consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Rolda de prensa: Presentación dos resultados Bolsas Casa de Velázquez
actividade institucional | Mércores, 3 de febreiro de 2016 ás 11:00
Información

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, presenta este mércores 3 de febreiro ás 11:00 horas, o resultado da primeira edición da convocatoria de bolsas de estadía na Casa de Velázquez


Un proxecto que inclúe unha modalidade de investigación histórica e outra de creación artística. As bolsas creáronse en 2015 co obxectivo de contribuír a difundir a cultura galega no exterior, con especial incidencia no ámbito francófono. 


Na rolda de prensa, os bolseiros darán conta do resultado dos seus traballos de investigación e de creación.


Intervirán: Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Francisco Cebreiro Ares, bolseiro na modalidade de investigación histórica e Diego González Valeiras, bolseiro na modalidade de creación artística


Presentación dos resultados Bolsas Casa de Velázquez
Data de celebración: 2016-02-03 11:00:00










Hemeroteca
03-02-2016
O Consello da Cultura Galega presenta os resultados das súas bolsas coa Casa de Velázquez
Ficha técnica
Autoria
» Francisco Cebreiro Ares
» Diego González Valeiras
Presenta
» Ramón Villares
Participantes
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela