consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


XVIII Encontros para a Normalización Lingüística. Nas bocas do futuro: mocidade e lingua
encontro | 14 e 15 de abril de 2016
Información

No marco desta edición preparouse unha exposición, Artesa, que podes ver aquí en versión dixital. Desde o ano 1998, o Consello da Cultura Galega vén organizando anualmente os Encontros para a normalización lingüística, un simposio no que se foron abordando de forma aberta e participativa, e desde múltiples perspectivas, cuestións teóricas, prácticas e estratéxicas relacionadas cos procesos e as políticas de normalización das linguas, co foco posto de maneira prioritaria na extensión do uso social da lingua galega.


Esta nova edición dos Encontros continúa en certo modo a anterior, pois, atendendo a un sentir maioritario dos asistentes a aquela, a comisión organizadora acordou volver poñer a atención sobre os comportamentos lingüísticos da mocidade, con novas achegas e puntos de vista complementarios dos ofrecidos en 2015. Preténdese abrir un debate multidisciplinar —desde os campos da psicoloxía, sociolingüística, socioloxía e ciencia política— sobre as razóns e factores que interveñen nos procesos de cambio de lingua da mocidade e no mantemento das súas escollas, tanto no ámbito da educación formal coma, sobre todo, no das relacións sociais.


Tamén serán obxecto de atención os recursos dixitais xerados para a promoción do uso do galego. Os Encontros foron sempre un espazo de difusión das experiencias normalizadoras, das demandas de ferramentas e das propostas máis innovadoras neste sentido. Na convición de que hai que dar pasos cara a diante, ábrese agora unha liña de avaliación dos recursos, que esperamos que teña continuación en posteriores edicións. De xeito complementario, vaise ofrecer unha mostra de recursos seleccionados segundo criterios de relevancia, actualidade e accesibilidade. É só unha pequena escolma que nos permitirá comprobar o valor da iniciativa institucional e asociativa arredor da normalización lingüística. Por outro lado, a XVIII edición dos Encontros abre de novo a participación a través de dous grupos de Facebook. A experiencia anterior, con resultados moi positivos, mostrouse útil para xerar reflexións e debates enriquecedores, que se procurará continuar ao fío dos temas propostos nesta ocasión.


Hai xa case vinte anos que comezamos sen moitos receos este vieiro, e fixémolo da man de persoas que se quixeron converter en colectivo. Con xa certa perspectiva, estimamos moi positivas as valiosas achegas que se fixeron neste foro de debate. Nesta nova edición, preparamos un programa que esperamos que sexa de interese, aínda sabedores de que un dos grandes valores dos Encontros é a xuntanza das persoas que se achegan cada ano a Santiago a reflexionar, repensar, verse e compartir. Participa tamén nos grupos de Facebook O ano pasado propuxémosche unha forma nova de participar e pagou a pena, así que esta edición tamén ten un espazo nas redes sociais. Opina, debate, pregunta e suxire sobre todo o que imos falar nos Encontros a través destes dous grupos: Encontros XVIII: mocidade e lingua Encontros XVIII: recursos para a normalización 


Inauguración
Data de celebración: 2016-04-14 16:00:00


Condutas lingüísticas: Que move a nosa mocidade?
Data de celebración: 2016-04-14 16:30:00

Presenta: Conchi Cochón
Actitudes e conduta lingüística 
Miguel Pérez Pereira. Psicoloxía evolutiva e da educación. Universidade de Santiago de Compostela 
A muda lingüística: motivacións, identidades e ideoloxías 
Fernando Ramallo. Lingüística xeral. Universidade de Vigo


"Actitudes e conduta lingüística". Miguel Pérez (documento)
"A muda lingüística: motivacións, identidades e ideoloxías". Fernando Ramallo (documento)
Recursos dixitais: as súas potencialidades, as súas limitacións
Data de celebración: 2016-04-15 10:00:00

Presenta: Manuel Bermúdez
A era dixital: oportunidades para o galego 
Eduardo Rodríguez Banga. Teoría do sinal e comunicacións. Universidade de Vigo
Avaliación de recursos para a normalización lingüística: as tecnoloxías e os recursos lingüísticos 
Presenta: Rosario Pérez Magdalena 
Marcus Fernández. Webmaster de Código Cero 
Xusto Rodríguez. Servizo de Normalización Lingüística. Universidade de Santiago de Compostela


"A era dixital: oportunidades para o galego". Eduardo Rodríguez (documento)
"Recursos TIC para a normalización da lingua". Marcus Fernández (documento)
"Recursos lingüísticos dixitais". Xusto Rodríguez (documento)
Familia e escola: sementes de lingua
Data de celebración: 2016-04-15 12:45:00

Presenta: Valentina Formoso
Estratexias para a transmisión interxeracional do galego no contexto familiar 
Anik Nandi. Doutorando. Heriot-Watt University, Edimburgo / Instituto da Lingua Galega 
A política lingüística no ensino: o papel dos docentes e ENDL 
Marta Gómez Ocampo. Doutoranda. Universidade de Santiago de Compostela


"Estratexias para a transmisión interxeracional do galego no contexto familiar". Anik Nandi (documento)
"A política lingüística no ensino: o papel dos docentes e ENDL". Marta Gómez (documento)
O comportamento lingüístico da mocidade
Data de celebración: 2016-04-15 16:30:00

Presenta: Rosario Álvarez 
Håkan Casares. Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega
Xaquín Loredo. Seminario de Sociolingüística. Real Academia Galega 
Luís Cuntín. Investigador social


Presenta: Gregorio Ferreiro Fente
Usos e actitudes lingüísticas en contextos bilingües: potencialidades e limitacións do Sistema educativo 
Cecilio Lapresta. Socioloxía. Universitat de Lleida
Xente normal 
María Lado e Lucía Aldao


"O comportamento lingüístico da mocidade". Håkan Olof Roi Casares (documento)
"A intención de comunicar en galego ou en castelán da mocidade". Xaquín Loredo (documento)
"O comportamento lingüístico da mocidade: aproximación cualitativa". Luís Cuntín (documento)
Clausura
Data de celebración: 2016-04-15 19:30:00


Concerto
Data de celebración: 2016-04-15 19:31:00

María Lado Lucía Aldao