Teatro Amador na Infancia e Mocidade

Xornada.

Teatro Amador na Infancia e Mocidade

Luns, 4 de abril de 2016
Santiago de Compostela
Xornada

Teatro Amador na Infancia e Mocidade

Luns, 4 de abril de 2016 Santiago de Compostela

O teatro non só é unha magnífica opción de lecer, senón tamén un fascinante espazo de aprendizaxe persoal e cultural desde o que formar unha cidadanía culta, crítica e feliz. Neste sentido, as iniciativas teatrais para a infancia e a mocidade poden contribuír a facer unha sociedade máis libre e máis respectuosa coas artes, así coma máis sensíbel cara á propia condición humana tal como nola amosa ese feito tan paradoxal coma sublime que é a teatralidade. Amar o teatro, por iso, é un proceso que debe ser aprendido e que pode formar parte das iniciativas para a animación cultural entre nen@s e moz@s como unha faceta específica do amateurismo teatral. Xustamente, ese teatro que nace para ser amado porque enche a quen o practica de riqueza cultural e emocional.


Mediante esta xornada, a Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega desexa animar á reflexión arredor das posibilidades do teatro como espazo desde o que formar en cultura e en valores, tanto dentro coma fóra da escola. Trátase de abrir un debate arredor das fórmulas posíbeis para proporcionar á sociedade amadores do teatro que, no futuro, poidan soster o tecido teatral galego como creadores e como público. 

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal

Ficha técnica 
Xornada.
Teatro Amador na Infancia e Mocidade
Cando
Luns, 4 de abril de 2016
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Coordinación
Inmaculada López Silva
Euloxio Ruibal
Modera
Xosé Barato
Inmaculada López Silva
Euloxio Ruibal
Participante
Ángeles Abelleira
Paula Carballeira
Ánxela Doval
Concepción Largo
Pilar López López
Xesús Ron
Asun Sóñora
Artur Trillo
Manuel F. Vieites
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Música e Artes Escénicas (CCG)