Libro «O tempo das mareas. María Casares e Galicia» de María Lopo

Presentación.

Libro «O tempo das mareas. María Casares e Galicia» de María Lopo

Na Casa Museo Casares Quiroga (A Coruña), xoves 14 de abril de 2016 ás 20:00
A Coruña
Presentación

Libro «O tempo das mareas. María Casares e Galicia» de María Lopo

Na Casa Museo Casares Quiroga (A Coruña), xoves 14 de abril de 2016 ás 20:00 A Coruña

O Consello da Cultura Galega e o concello da Coruña presentan o xoves 14 de abril ás 20:00 horas, O tempo das mareas. María Casares e Galicia, publicación que percorre en clave galega a biografía de María Casares.


Nela ofrécense materiais inéditos sobre a infancia coruñesa, a adolescencia madrileña, a xuventude exiliada e a madurez plena dunha das personalidades culturais máis interesantes e descoñecidas da Galicia contemporánea.


Na presentación detallarase o contido do libro, así como da relevancia de recuperar en clave galega a biografía dunha actriz sempre levou con orgullo e dignidade o seu ser de muller galega. A publicación fai énfase na relevancia da procedencia no desenvolvemento da súa profesión, así como da pegada que deixou no universo literario de Albert Camus. 


Asistirán: Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, do escritor Manuel Rivas e da autora da publicación, María Lopo.


 

LUGAR

LUGAR
Casa Museo Casares Quiroga
Rúa Panadeiras, 12
15001 A Coruña

Publicación
tempo das mareas. María Casares e Galicia¬O
O tempo das mareas. María Casares e Galicia
Ramón Villares, Presentación. María Lopo, Autoría. | 2016
Ficha técnica 
Presentación.
Libro «O tempo das mareas. María Casares e Galicia» de María Lopo
Cando
Na Casa Museo Casares Quiroga (A Coruña), xoves 14 de abril de 2016 ás 20:00
Onde
A Coruña
Enderezo

LUGAR
Casa Museo Casares Quiroga
Rúa Panadeiras, 12
15001 A Coruña

Autoría
María Lopo
Presenta
Xulio Ferreiro
Manuel Rivas
Ramón Villares
Organiza
Acción exterior do Consello da Cultura Galega
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)