consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Gala do libro galego
presentación | Venres, 6 de maio de 2016 ás 11:30
Información

A Asociación de Escritores e Escritoras en Língua Galega (AELG) a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia convocan unha rolda de prensa o 6 de maio ás 11:30, para presentar a Gala do Libro Galego 2016 que terá lugar o sábado 14 de maio.


Participarán: Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega; Pilar Rodríguez, presidenta da Federación de Librarías de Galicia; Xulio Amigo, vogal da Asociación Galega de Editoras.


Os premios que se outorgarán na Gala do Libro Galego 2016 pretenden recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2015 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, serán falladas polos membros das tres organizacións convocantes.


Gala do libro galego
Data de celebración: 2016-05-06 11:30:00


Ficha técnica
Presenta
» Xulio Amigo
» Pilar Rodríguez Álvarez
» Cesáreo Sánchez Iglesias
Organiza
» Asociación de Escritores en Lingua Galega
» Asociación Galega de Editores
Participantes
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela