consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Libro «Alfonso XIII visita España. Monarquía y nación»
presentación | Venres, 6 de maio de 2016 ás 12:30
Información

O libro Alfonso XIII visita España. Monarquía y nación, publicado pola Editorial Comares, rememora as viaxes e estadías do monarca a diversos puntos da xeografía española, analizando en clave nacionalizadora as celebracións, cerimoniais e discursos co cometido de ofrecer unha imaxe más popular e moderna da monarquía borbónica.


O acto de presentación do venres 6 de maio ás 12:30 horas, contará coa asistencia da editora de publicación, Margarita Barral e do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, autor do prólogo.


Na presentación detallarase o contido do libro realizado a partir dos fondos de dous proxectos de investigación dirixidos por Margarita Barral. Un deles chamábase “La nacionalización española en Galicia desde el Desastre del 98 hasta la Segunda República” [MICINN/MINECO, ref. HAR2011-22905] e o outro é “Estereotipos e nation-building español en Galicia no primeiro cuarto do século xx” [Xunta de Galicia, ref. EM2012/012].


 


Presentación do libro «Alfonso XIII visita España. Monarquía y nación»
Data de celebración: 2016-05-06 12:30:00


Ficha técnica
Autoria
» Ramón Villares
Edición
» Margarita Barral
Participantes
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega Ç
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205