consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Arqueoloxía galega a debate. Reflexións dende os espellos
xornada | 14 e 15 de xuño de 2016
Información

Hai xa máis de cinco anos vía a luz un libro que recompilaba unha serie de ensaios baixo o título El futuro de la arqueología en España (Almansa ed., 2011); era case unha pregunta retórica acerca de cara a onde se ía como profesión, práctica científica, docente..., sobre que arqueoloxía se quería e cal se podía practicar. A arqueoloxía buscaba un sobrenome, coma tantas veces, pública, de xestión, académica... Hoxe, a pregunta segue estando vixente. Na presentación do libro en Galicia, coma en tantos outros foros, as e os arqueólogos alí presentes poñían sobre a mesa as múltiples problemáticas coas que se atopaban (falta de financiamento, ausencia de programas de investigación, afección directa pola crise económica e un moi longo etcétera), pero, coma en tantos outros foros tamén, non se achegaron moitas solucións. O certo é que se trata dunha cuestión difícil e moi complexa. E a situación da arqueoloxía en Galicia non está exenta desa complexidade. A arqueoloxía é un mundo paradoxal, vista dende fóra pode pasar dunha visión romántica e positiva, sobre unha profesión pola que moitas persoas manifestan interese, a considerarse unha práctica molesta e negativa, sobre a que recaen, por exemplo, as culpas do atraso dunha obra pública ou privada. Entre ambas existe unha infinidade de visións. Levanta moitas paixóns... e moitas incomodidades. Pero, en todo caso, son cuestións sobre as que é necesario falar e reflexionar. E facelo dende este colectivo e dende fóra del.


Con estas xornadas preténdese xerar e promover un debate centrado na situación actual da arqueoloxía galega que implique aos diferentes axentes que interveñen na actividade arqueolóxica: profesionais, investigadores, docentes ou técnicos da Administración a diferentes escalas, así como outros axentes que poden estar tamén moi relacionados con ela. Queremos coñecer como se ven as arqueólogas e os arqueólogos e como os miran. Queremos saber como se ven no espello. A finalidade última é facer un debate construtivo e positivo que permita identificar os problemas reais da arqueoloxía galega e, a partir deles, tentar achegar de forma conxunta solucións que contribúan á súa mellora nos próximos anos, así como establecer un marco de entendemento e colaboración entre os diferentes axentes implicados na actividade arqueolóxica. Neste sentido, proponse realizar tamén unha enquisa aberta con tres preguntas que analicen estes aspectos, coa intención de facer un traballo de recollida da situación real desta problemática, cuxos resultados se analizarán e se porán a disposición pública.


Dende a Sección de Patrimonio e Bens Culturais, gustaríanos que Arqueoloxía galega a debate se convertese nun espazo de reflexión e entendemento que dea lugar a varios encontros entre os axentes que hoxe en día traballan en Galicia en materia de patrimonio arqueolóxico. Gustaríanos que Arqueoloxía galega a debate fose un comezo.  


Inauguración
Data de celebración: 2016-06-14 09:45:00


Os profesionais da arqueoloxía ante os desafíos do século XXI
Data de celebración: 2016-06-14 10:00:00



Presenta e modera: Matilde González-Méndez, arqueóloga, consultora en xestión de recursos culturais e difusión do patrimonio 
Microanálises 
Arqueoloxía do século XXI. Unha visión panorámica dende a nosa profesión
Israel Picón Platas, presidente da Asociación de Arqueólogos de Galicia 
Retos das arqueólogas ante as novas formas de facer arqueoloxía 
Nieves Amado Rolán, arqueóloga, autónoma 
Miradas retrospectivas dende unha empresa de arqueoloxía cara ao futuro do sector 
Santiago Vázquez Collazo, TOMOS Arqueoloxía Restauración Conservación


A investigación arqueolóxica en Galicia nos últimos 20 anos. Novos paradigmas.
Data de celebración: 2016-06-14 12:00:00

Presenta e modera: Rebeca Blanco-Rotea, arqueóloga da arquitectura, Universidade de Santiago de Compostela 
Microanálises 
Achegas substantivas da arqueoloxía galega. Prioridades actuais da investigación arqueolóxica en Galicia
César Parcero-Oubiña, Incipit, CSIC 
Investigación e Transferencia desde a universidade: os convenios/contratos de I+D+i con empresas e institucións 
Fermín Pérez Losada, Universidade de Vigo 
Os e as profesionais tamén investigamos. Como conciliar traballo profesional e investigación e non morrer no intento 
Luis F. López González, arqueólogo profesional, Terra Arqueos S.L.


Arqueoloxía e docencia. Perfis, programas e problemas.
Data de celebración: 2016-06-14 16:30:00

Presenta e modera: Iago Seara, arquitecto restaurador, Universidade da Coruña 
Microanálises 
A docencia en arqueoloxía dende a Universidade de Santiago. Programas, profesorxs e alumnxs.
Pilar Prieto Martínez, Universidade de Santiago de Compostela 
Dez anos de formación en arqueoloxía dixital non universitaria 
Pastor Fábrega, Incipit, CSIC 
Posibilidades e limitacións da oferta docente en arqueoloxía no sistema universitario galego. Rompendo mitos 
Beatriz Comendador Rey, Universidade de Vigo Debate, coa participación de ARCIAN (Asociación Cultural de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade)


A xestión recente do patrimonio arqueolóxico. Miradas desde a administración
Data de celebración: 2016-06-15 09:45:00



Presenta e modera: Teresa Nieto, arquitecta especialista en planeamento, Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia 
Microanálises 
A xestión do patrimonio arqueolóxico dende as estruturas da Administración pública. Retos cara ao futuro 
Roberto Carlos Pena Puentes, xefe do Servizo de Arqueoloxía, Dirección Xeral de Patrimonio, Xunta de Galicia 
Reflexión sobre os museos no proceso de xestión dun xacemento. Que fixemos e que facemos? 
Manuel Xusto Rodríguez, Museo Arqueolóxico de Ourense 
Dende a Lanzada ata o Trega pasando por Lalín. Itinerarios da Deputación de Pontevedra en materia de patrimonio arqueolóxico 
Rafael M. Rodríguez Martínez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra 
E que hai dos concellos? Xestión dende outras administracións 
Marco Antonio Rivas Nodar, arqueólogo municipal da Coruña


Como nos ven? Miradas doutras profesións sobre a arqueoloxía galega e un infiltrado.
Data de celebración: 2016-06-15 12:15:00



Presenta e modera: Xurxo Ayán Vila, arqueólogo, investigador Juan de la Cierva da Universidade do País Vasco (UPV-EHU)
Iago Seara Morales, arquitecto restaurador, Universidade da Coruña 
Miguel Ángel López Marcos, restaurador e arqueólogo, Terra Arqueos S.L. 
Enrique Seoane Prado, arquitecto urbanista, Concello de Santiago 
Carlos Nárdiz Ortiz, enxeñeiro de camiños, Universidade da Coruña 
Enrique Rodríguez García, arquitecto, Universidade da Coruña 
Teresa Nieto Freire, arquitecta especialista en planeamento, Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia 
Felipe Criado Boado, arqueólogo, Incipit, CSIC