consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Presentación «Obra Completa» do Padre António Vieira
presentación | Luns, 30 de maio de 2016 ás 12:00
Información

O Padre António Vieira foi un auténtico best-seller no século XVIII en Portugal. O seu legado comprende máis de 15.000 páxinas que agora se reúnen por primeira vez. Esta Obra Completa, que abrangue 30 tomos nos que se recolle o seu pensamento e obra, preséntase este luns 30 de maio no Consello da Cultura Galega.


Na rolda de prensa do luns 30 de maio ás 12:00 horas, estarán os directores deste proxecto, José Eduardo Franco e Pedro Calafate, así como o presidente do Consello da Cultura Galega xunto con outros investigadores deste relevante personaxe ao que Fernando Pessoa chamou “emperador da lingua portuguesa”.


Intervirán: Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; José Miguel Sagüillo Fernández-Vega, decano da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela; Acílio Estanqueiro Rocha, professor catedrático da Universidade do Minho; Pedro Calafate, professor catedrático da Universidade de Lisboa; José Eduardo Franco, Investigador Principal da Universidade Aberta-Lisboa; Isabel Morán, profesora titular do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela.


Presentación «Obra Completa» do Padre António Vieira
Data de celebración: 2016-05-30 12:00:00

Ramón Villares José Eduardo Franco Pedro Calafate José Miguel Sagüillo Acílio Estanqueiro Isabel Morán


Ficha técnica
Dirección
» Pedro Calafate
» José Eduardo Franco
Participante
» Acílio Estanqueiro Rocha
» José Eduardo Franco
» Isabel Morán
» José Miguel Sagüillo Fernández-Vega
Presenta
» Ramón Villares
Ámbito
» Comisión de Acción Exterior (CCG)
Lugar de celebración

LUGAR
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 
15705 Santiago de Compostela