O contexto internacional das Irmandades da Fala. As nacionalidades na Europa de entreguerras: De Imperios a nacións

Congreso. Irmandades da Fala

O contexto internacional das Irmandades da Fala. As nacionalidades na Europa de entreguerras: De Imperios a nacións

CONGRESO INTERNACIONAL

6 e 7 de outubro de 2016
Santiago de Compostela
Congreso
Irmandades da Fala

O contexto internacional das Irmandades da Fala. As nacionalidades na Europa de entreguerras: De Imperios a nacións

CONGRESO INTERNACIONAL

6 e 7 de outubro de 2016 Santiago de Compostela

Ao se cumprir os cen anos da fundación da primeira organización nacionalista galega, as Irmandades da Fala, este congreso aspira a pór de relevo as circunstancias externas e o contexto internacional que acompañaron a súa creación e primeira andaina. Pois as Irmandades da Fala non foron un produto illado nin excepcional na Europa do seu tempo, mergullada nunha cruel guerra mundial na que a cuestión das nacionalidades pasou a desempeñar un papel sobranceiro na propaganda e obxectivos dos contendentes. Os movementos nacionalistas de Europa Central e Oriental, mais tamén algúns da Europa Occidental, coma o irlandés, experimentaron un pulo decisivo e viron chegada a súa hora. Noutros casos, grupos rexionalistas ou que reivindicaban linguas e culturas minoritarias deron o salto á plena afirmación nacionalista, dende Frisia e Gales a Galicia e Sardeña. Dende 1917, os revolucionarios soviéticos tamén incorporaron a liberdade das nacionalidades á súa axenda reivindicativa. E ao rematar a I Guerra Mundial, das ruínas dos imperios austrohúngaro, otomán e tsarista xurdiron novos Estados “nacionalizadores”, nos que os triunfantes movementos nacionalistas reproduciron adoito os erros dos nacionalismos homoxeneizadores do século XIX e viron nas minorías etnolingüísticas unha ameaza. A opinión pública europea amosou unha nova sensibilidade cara á cuestión das minorías, e no mundo académico inzaron os debates teóricos verbo dos dereitos das nacionalidades e as orixes do nacionalismo. Nese escenario europeo, o emerxente nacionalismo galego fixou as súas prioridades e reivindicacións, inspirándose nos exemplos coetáneos pero seguindo o seu propio camiño.


 

ASISTENCIA

INSCRICIÓN 
A inscrición é gratuíta. 
O número de prazas é limitado (100 persoas). 
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. 
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada. 
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN 
www.consellodacultura.gal 
difusion@consellodacultura.gal

Ficha técnica 
Congreso.
Irmandades da Fala
O contexto internacional das Irmandades da Fala. As nacionalidades na Europa de entreguerras: De Imperios a nacións
CONGRESO INTERNACIONAL
Cando
6 e 7 de outubro de 2016
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Xosé M. Núñez Seixas
Relator/a
Stefan Berger
Miguel Cabo Villaverde
Laurence Cole
Stefan Dyroff
Lourenzo Fernández Prieto
Johannes Kabatek
Joep Leerssen
Ramón Máiz Suárez
Xosé M. Núñez Seixas
Malte Rolf
Balázs Trencsényi
Ramón Villares
Francesca Zantedeschi
Organiza
Consello da Cultura Galega
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)