consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Kathleen March, ler como feminista
xornada | Xoves, 27 de outubro de 2016
Información

Kathleen Nora March (Rochester, NY, 1949) é catedrática emérita de Español na University of Maine. En 1975 veu a Galiza para investigar sobre a poesía de Manuel Antonio e aquí quedou prendida, galega por elección. Logo virían estudos sobre Carvalho Calero, Castelao, Luz Pozo, Xohana Torres e tamén Rosalía, que nos ensinou a ler como a literata consciente que foi, en diálogo permanente co pensamento e coa literatura universal do seu tempo.


As súas traducións de Cunqueiro, Rosalía e Otero Pedrayo son outra faceta dun traballo académico imprescindíbel, que axudou á proxección da literatura galega no ámbito anglosaxón.


Nos anos 80 fundou e presidiu a Galician Studies Association (a actual Asociación Internacional de Estudos Galegos), unha ferramenta para impulsar os estudos galegos na academia norteamericana, sentando as bases para a súa posterior expansión no ámbito internacional.


Coñecermos mellor o seu traballo e pór en valor os seus contributos son os obxectivos dunha xornada que pretende tamén proxectar cara ao futuro un legado intenso e vivo: o de Kathleen March, galega, feminista, universal.


Inauguración
Data de celebración: 2016-10-27 10:00:00

Ramón Villares, presidente do CCG
María Xosé Porteiro, coordinadora da Comisión de Igualdade do CCG


Kathleen March, galicianista de aquí e acolá
Data de celebración: 2016-10-27 10:30:00

Claudio Rodríguez Fer, profesor da Universidade de Santiago de Compostela
Presenta: María Xosé Agra Romero, Universidade de Santiago de Compostela e membro da Comisión de Igualdade do CCG


Relatorios e debate
Data de celebración: 2016-10-27 12:00:00

Presenta e modera: Manuela Palacios, Universidade de Santiago de Compostela

Olladas interseccionais: corpos/corpus en transito na contemporaneidade
Andrea Ruthven, investigadora do Feminario da UVigo
Como sobrevive a nosa-outra? A recepción da escrita feita por mulleres na actualidade
Ánxela Lema, lectora no Centro de Estudos Galegos de París, Université Paris III, Sorbone Nouvelle
Poesía e tradución: versos galegos no Báltico
Antía Marante, lectora de galego no Centro de Estudos Galegos de Kiel


Cartografía Kathleen Nora March no Álbum de mulleres
Data de celebración: 2016-10-27 13:30:00

Mariam Mariño Costales, técnica da Comisión de Igualdade do CCG


Reflexión e debate
Data de celebración: 2016-10-27 17:00:00



Presenta e modera: Carmen Blanco, Universidade de Santiago de Compostela
Interveñen: Pilar García Negro, Burghard Baltrusch, Helena González Fernández e Xosé Ramón Fandiño Veiga


Marga Romero conversa con Kathleen March
Data de celebración: 2016-10-27 18:15:00


Visita guiada á exposición pola súa protagonista
Data de celebración: 2016-10-27 19:00:00

Kathleen Nora March



Clausura
Data de celebración: 2016-10-27 19:30:00

Teresa López e Dolores Vilavedra, coordinadoras da xornada


Ficha técnica
Coordinación
» Teresa López Fernández
» Dolores Vilavedra
Inauguración
» María Xosé Porteiro García
» Ramón Villares
Modera
» Carmen Blanco García
» Manuela Palacios
» Marga Romero
Participante
» Burghard Baltrusch
» Xosé Ramón Fandiño
» María Pilar García Negro
» Helena González Fernández
Presenta
» María Xosé Agra Romero
» Mariam Mariño Costales
Relator/a
» Ánxela Lema
» Antía Marante Arias
» Kathleen N. March
» Claudio Rodríguez Fer
» Andrea Ruthven
Organiza
» Comisión de Igualdade (CCG)
» Consello da Cultura Galega
Participantes
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205